Bueno, e o que me contaba meu avó de Cerdedo, o pai de miña nai (...) O meu foi músico, foi caixeiro de banda, e mais incluso, ocasionalmente, cheghou a tocar algo con Avelino Cachafeiro. E entón pois, bueno, normal que me contara un conto referente a un instrumento. E,e,e,e ademaise facíame sudar o conto ¡Eh! Porque,e,e empezaba decindo:
-Dunha vez iba un ghaiteiro polo monte. E queres que che conte?
-Si, si, si, si. Si, papá David.
Daquela inda lle chamabamos aos avós, papá David, papá Manuel. Desgraciadamente ahora e,e,e bueno nalgúns casos, en moitos casos si, pero hai algúns outros casos donde as distancias fan máis frías as relacións tamén, desgraciadamente, bueno.
-Si, papá David, si.
-Bueno, pois imos alá. Dunha vez era un gaiteiro que iba polo monte. Pero atendes ou non? Ti queres que cho conte?
-Que si,i,i,i!
-Dunha vez iba un gaiteiro polo monte. Non che vexo ca\ (...) Ti non queres que che conte.
Hasta que xa, xa a cousa chegaba a estremos tan (...)
-Que,e,e,e si,i,i,i!
Bueno, pois o conto era que había un gaiteiro que tiña un fillo, Joseíño, e cada vez que iba a unha festa, decíalle:
-Papá, lévasbe contigho?
E dixo:
-Non home, non pode ser, ho. (...) Tes que medrar máis. Aínda non pode ser.
Pero unha vez, tanto lle insistiu, tanto lle insistiu (...) Dixo:
-Bueno, bueno. Vamos a ver, pero eu vou vir mo\ moi tarde! O único, se vén a túa nai contigho e despois vés con ela porqu'eu,u,u vou botar hasta as tantas da noite e ti non podes estar qu'es pequeno (porque es pequeno). Bueno, bueno, bueno, bueno! Pois a ver, pois dillo a mamá, bueno, decímosllo a mamá a ver se vai.
Bueno, e foron. Foron á festa, bueno alí houbo troula hasta as tantas, pero bueno, cando chegou a hora de que había que marchar p'a casa, a nai de Joseíño dixo:
-Bueno, rapas, temos que ir p'a,a,a casa
-(Incomprensíbel) Outra, outra! Déixame outra!
Bueno, pero cando pasou un pouco máis de tempo xa non houbo máis remedio e marchou pra a casa. Bueno, e resulta que o pobre gaiteiro, cando eran xa as tantas da mañán, marchou pra a casa. Tiña qu'ir andando por un camiño moi sombrizo e tal. Cando se dou conta empezou a oír ouvear uns lobos. Au,u,u! Au,u,u! En principio era lonxe. Au,u,u! Au,u,u! Au,u! Máis cerca (...) E o pobre ghaiteiro empezáronselle a encolle-lo corazón (...) E a ver que fagho porque me van comer!
E entón, que fixo? Atopouse con tres carballos que había no camiño e decidiu apolitar por un carballo pa riba coa súa ghaitiña ao lombo e tal, e subeu p'alá. Bueno, pero chegharon os lobos (...) Eran catro ou cinco lobos ghrandes ¡Como serían? (...)
Este conto é pa pequenos, empeza a subir así o frío pola, pola espalda p'arriba (incomprensíbel) d'arriba abaixo, nas noites d'inverno, bueno (...) E,e,e chegharon e como serían, que dentes terían que empezaron a roer nas raíces do pé do carballo, roi d'aquí, roi d'alí (...) Era unha noite de vento, empezou a abanear o carballo (...) Cando ía xa caer, dixo o ghaiteiro: Ai, mi madriña! Aghora que fagho?
Alá mal como pudo, por unha póla do outro carballo qu'estaba á beira, pasou p'o outro carballo, pero os lobos non marchaban. E roe que roe, roe que roe, cando quedaba un carballo solo e xa iba caer, dixo o ghaiteiro: Bueno, ghaitiña miña, aghora que vou morrer, que me van comer os lobos, non quero morrer sin despedirme de ti!
Colleuna e púxose a tocar a muñeira de Chantada. Como sabemos o son da nosa gaita é rexo, é (...) Bueno, os lobos colleron tal pánico cando escoitaron a muñeira de Chantada que, qu'empezaron a correr sen mirar p'atrás (...) Quen os viu en tres léghoas á redonda! E o ghaiteiro dixo: Ai miña ghaitiña, se non fora por ti, comíanme os lobos!
E din que desde aquela, así é como acaba o conto, din que desde aquela tódolos gheiteiros, cando van dun lado p'o outro, sin tocar, levan a ghaita collidiña así ((Acenos)) e abrazada en agradecemento. E na[da] máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio