Esta noite hai unha fía
tamén hai unha espadela
quénteme o caldo, mi madre,
ai qu'eu tamén quero ire a ela.
quénteme o caldo, mi madre,
ai qu'eu tamén quero ire a ela.
A miña burriña cando vai pra o muíño
vai toda enfariñada e cheíña de frío
cheíña de frío a máis de xiada
ai, a miña burriña sempre vai carghada.
Cando quixen, non quixeches
aora queres, non quero
Anda túa nai que te encolghe
ai, onde encolgha o unto vello.
Anda túa nai que te encolghe
ai, onde encolgha o unto vello.
A miña burriña cando vai pra o muíño
vai toda enfariñada e cheíña de frío
cheíña de frío a máis de xiada
ai, a miña burriña sempre vai carghada.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro