Tuven mirando pa osté
é fina como un demonio
que eu conozo algunha orquesta
que ten menos repertorio
Tamén lle digho unha cousa
despois son eu un moinante
debe ter colesterol
que lle ghusta o picante
Xa quero protaghonismo
qu'eu son fillo de bo pai
[es]tou aquí abrindo a boca
maldito caso que fai
Pois pódelle estar tranquila
na beira da carretera
qui lle digho unha cousa
hoxe ao Luar vai calquera
Amais hai outro problema
qu'inda a xente n'o sabía
(po[is]) no caso das mulleres
non pagha ni a peluquería
Autor/a da transcrición: e~xenio