Cando vou para o muíño
asubíos me van dando
hache de ser Farruquiño
que anda no monte co ghando
Farruco vaite ao muíño
que che ha de ter acabado
coa ala do sombreiro
varreraslle o trimiñado
O muíño mui lixeiro
bota fariña pra fóra
i as nenas do muiñeiro
ten un cantar que namora
O cura foi ao muíño
valía mas que non fora
coa faldra da sotana
varriu a fariña toda
O cura maila criada
ordenaron de cocere
a leña estaba no monte
a fariña por moere
Eu non sei en cas do cura
hei de volver a xantar
se non me arrimo a quen ten
quen non ten que me ha de dar
Cachaliñas de San Pedro
e mailas de San Xoán
levei os sapatos novos
trouxen as suelas na man
Meu divino San Xoán
meu divino San Xoán
todos os melros ten plumas
non sendo os meus que ten lan
Nin piquiniña de todo
nin ghrande que poña medo
redondiña e ben feitiña
como a ten o meu Pedro
Autor/a da transcrición: e~xenio