Bueno e,e,e á parte,e,e o que pon aí sobre Calviño é, é verdá, pódovolo decir eu porque anduven moito por todo Galicia con el, e cando hai un regueifeiro moi bo como era Calviño, que nós somos aprendices comparados con el (...) O que vai con el, normalmente, queda ben porque a regueifa non é decir e,e,e: aquel é moi bo, e o outro tal. No. A regueifa como todo (...) Cando dous (incomprensíbel) van a cantar, ten que gustar un e mailo outro. Normalmente, gusta máis un có outro, pero si un non tira, evidentemente, o outro non vai a ningún la[d]o.
Entonces, este home (...) o único,o,o que podo decir malo del, é que íbamos moi cedo e víñamos moi tarde (...) Conta/ contaba unha anécdota, aghora aí, hai un momento, que fomos a Porto do Son, unha vez, no vrao, ás cinco da tarde, salimos d'alí ás seis, e bueno, Porto do Son, pois cando chegamos aquí a cerca de Santa Comba, dime,e,e: "Ti vai por onde queiras, pero eu sin cear non vou". Bueno, no tempo do vran, ás sete da tarde ¡Home! A cousa foi que tampouco tardamos moito. Ceamos, aí cerca d'Aghualada, viñemos pa (Mato) cheghamos ás tres da mañán. Unha hora bastante prudente (...)
Pero o que era coma compañeiro, eu nunca poiden decir (...) nin a máis mínima tuven con el. Fomos a moitos sitios, dixémonos de todo, tuvemos anécdotas de tódolos tipos, tuvemos días moi bos, días como lle cadrou, porque tódolos choios, non siempre [es]tamos nin máis, nin menos, pero (...) Eu acórdome que unha vez en Pontevedra (incomprensíbel) uns soportales e bueno, antes de empezar a cantar, po[i]s fomos a tomar un café, un chupito, aí a un bar que había mismo ao lado (...) E, e resulta que [es]taba así a xente sentada (nos soportales) e tal, e empezan a pasar pa riba, e empézase el a meterse cos matrimonios, tal, que se iban moi cedo, que iba a haber problemas, ao final que serían cen personas, en nada, había dúas centas. A parte deso, o taberneiro xa nos veu con dous chupitos sin pedirllos. Entendiunos rapidamente. ¿Que é? E tuvo un momento, que cantando os dous, tuvo un momento que colleu o micro e estuvo, contado polo reló, catro minutos, que son moitas coplas, el solo. (É decir) Pum, pum, pum. E era unha persona que collía aquela vena, e eu, como claro, entendíao moito, deixábao. Eu poñíame ao lado, dálle. Ao qu'el botaba aqueles catro minutos, e cada copla que botaba, a siguiente era millor, evidentemente, claro, ti tiñas qu'[es]tar calado. E cando viña co tema tal (...) ahora empezo eu. O sea, e,e,e eu cantei con Costa; cantei con Mandián pouco porque claro, morreu tamén novo; e,e,e con Celestino tamén pouco, e,e,e bueno eran regueifeiros, eran, o que digo eu, hoxe somos unha pandilla de aficionados comparado con eles. Pero, e,e,e eu creo que como Calviño, quizá, completo, Mandián tiña moito,o,o o que se chamaba, armábaas moi ben, sin embargo en voz, pois estaba un pouquiño máis (...) E Calviño penso que o tiña todo, como, como regueifeiro, e bueno como persona pois xa non vos podo explicar nada porque, porque xa creo que os que sodes de aquí conocéstelo a maioría, e os que non, e,e,e pódovos decir eso, que unha persona (...) pois eu creo que, nestas cousas que normalmente é un choio que pode haber piques porque nos chamamos de todo, e anque non se diga podemos quedarnos ao mellor un pouquiño, cunha certa friaxe, con el non podía pasar eso porque el en canto che decía que eras tonto de todo, xa estaba (incomprensíbel) Xa che estaba (alabando ao dreito) Non che daba tempo nin a enfadarte. E creo que non teño máis que explicarvos (...)
Ti tes un problema ghrande
vouche contare o labore
que cantar cantas reghular
inda te explicas peore
Autor/a da transcrición: e~xenio