A regheira é o presente e o pasado
e pa que non se perda hai que cultivalo
como unha rosa, canto máis se cultiva
é máis fermosa
Por eso están aquí eses regheifeiros
para poder cultivala
e sentémonos tranquilos
porque eles non van parar
Cando suban ao esenario
comesaran a regheifar
non vai quedar cunca nin plato
qu'eles non poidan lavar
Saben algho, (sabían) do outro
inventarán coplas para podela descubrir
porque saben que canto máis ofendan
a xente máis se vai a rir
Eso, xa está feito para rir
e non pasa nada
porque un bo regheifeiro
nunca s'enfada
Daquelas regheifas da taberna
que duraban unha semana
e o que non podía saír pola porta
saltaba pola ventana
Eses eran aficionados
ou alghún que se daba maña
e no medio deso
tamén estaba a caña
Esas tabernas que aghora desapareseron
con elas, o taberneiro
cantas veses tería que mediar
para que non souparan no regheifeiro
Na casa dos labreghos
tamén se cantaba a copla
(can[do] pola festa do Patrón
ou cando fiaban a estopa
Contábanme meus avós
que pasaban mui bo ratos
pero que tamén había veses
que viñan para a casa sin sapatos
Esto é un camiño
que non é fásil de andar
pero o que está metido nel
non é capas de parar
Un camiño duro
ás veses cheo de pedras
pero quen ben as saben saltar
para non tropesar nelas
Que fermosas coplas
non as deixés de cantar
Mira se serán fermosas
que hasta se cantan en Luar
Vaia este homenaxe
que lle queremos rendir
para eses ghrandes regheifeiros
que tanto fixeron e fan rir
Dedícovos este poema
con todo o meu corasón
díghovos un ata logho
qu'eu regheifeira non son
Autor/a da transcrición: e~xenio