Antonio Reigosa:
Desde Salcedo de Brollón
onde o oso ten o oseiro
volven agora estes cegos
que se guían polo cheiro
Non ven, pero polo ulido
saben onde está o diñeiro
¡Que ben saben os de Salcedo
cal é o entroido verdadeiro!
Coplas de Cego do Entroido de Salcedo:
Poñan atención señores
no que lles vou a contar
que o (entroido) en Salcedo
sempre o houbo e haberá
O entroido en Salcedo
toda a vida foi fermoso
polos disfraces ben feitos
os criados e o oso
O oso vén da montaña
de descansar todo o ano
e cando chega a Salcedo
corre de moito carallo
Xa se sinte o esquillón
póñense os pelos direitos
xa se escardábata a xente
polo pobo ao direito
A xente que vén d'afora
que non veña trabucada
porque o oso non respeta
nin maquillaxes nin galas
Que non pensen os dos coches
de se librar do bulleiro
que se queren os criados
éntranlle no maleteiro
O oso non ten vergonza
métese hasta nas lareiras
pra embatugarse de cinsa
e fregarse na escaleira
Vouvos dar a despedida
no vola quixera dar
que o oso e os criados
corran moitos anos máis
Que o oso e os criados
corran moitos anos máis!
Autor/a da transcrición: e~xenio