Antonio Reigosa:
Dos mellores capadores
que hai desde aquí a Meira
Aínda que só capa galos
as galiñas nin as cheira!
Corta, capa e reberetea
Zurce ao estilo muiñeira:
punto aquí punto acolá.
Outra vasectogaleira!
Ah! Perdón! E trae acordeón que se,e,e non ten música, seica opera mal.
O capador de galos:
Non sei se fai falta, pero bueno! E,e,e ti non traías papel, muller? Pedirme a min papel!
Bueno, para empezar, boa tarde! E vaia por diante que eu nunca un galo capei, é que me pediron un nome artístico, e como meu avó foi capador, pois dígovos, o capador. O capador de galos, que en sentido figurado, ben vos imaxinades, os galos qu'eu quería capar! Entón, moitas grazas aquí ao amigo Eliseo que improvisadamente vaime botar unha man con esta retahíla de, de ferretes ou clopas, clopas do antroido, as copas fan (...) xa nos (...) decir coplas, clopas (...)
Cando queiras irmán! Bueno! Vou pedir colaborazón, ao mesmo tempo. Esto é algo así como,o,o:
Perdón, meus señores!
Vou mal. Perdón. E,e,e (...)
Perdón, meus señores
teño moito morro
axudaime a cantar
que se non, non cobro
Ai si! Que se non, non cobro!
Ai si! Que se non, non cobro!
Axudaime a cantar
estes coplas d'antroido
que se non me axudades
mállanme no lombo
Ai si! Mállanme no lombo!
Ai si! Mállanme no lombo!
Bueno, esta era a introdución. Xa, xa o tes ¿Non? -Si.
Pois logo vai esta oración a San Antroido. E di así. Bueno seguides co (...) facendo as voces esas ¿Si? Moitas grazas.
Se queren oíla
ímoslle rezar
unha oración
para celebrar
Ai si! Para celebrar!
Ai si! Para celebrar!
Para celebrar
a San Antroidiño
amigo da carne
e mais do bo viño
Ai si! E mais do bo viño!
Ai si! E mais do bo viño!
Cachucha de porco
e lacón con grelos
unhos garavanzos
e un par de butelos
Ai si! E un par de butelos!
Ai si! E un par de butelos!
Chourizos (incomprensíbel)
orellas ben boas
fociño e rabo
e unhas filloas
Ai si! E unhas filloas!
Ai si! E unhas filloas!
Empezade irmáns
enchede o bandullo
que din por aí
que se acaba o mundo
Ai si! Que se acaba o mundo!
Ai si! Que se acaba o mundo!
Se hemos morrer
que sexa ben fartos
fartos de miseria
ai que non de cartos
Ai si! Ai que non de cartos!
Ai si! Ai que non de cartos!
Os poucos que había
déronllos aos bancos
ao señor Montoro
e outros máis santos
Ai si! E outros máis santos!
Ai si! E outros máis santos!
Tan santos non son
é que saben roubar
gardan ben a roupa
e tamén nadar
Ai si! E tamén nadar!
Ai si! E tamén nadar!
Teñen (luva) branca
e unlla moi longa
moita relixión
e conciencia pouca
Ai si! E conciencia pouca!
Ai si! E conciencia pouca!
Chúchannos o sangue
e mais a moral
e nós encantados
ímoslles votar
Ai si! Ímoslles votar!
Ai si! Ímoslles votar!
Xa non hai traballo
non hai libertá
u-la a xustiza
quen a traerá
Ai si! Quen a traerá!
Ai si! Quen a traerá!
Por iso irmán
cantemos ferretes
comamos, bebamos
botemos polvetes
Ai si! Botemos polvetes!
Ai si! Botemos polvetes!
E non confundamos
o polbo co polvo
que en El Roblecito
anda un tolo solto
Ai si! Anda un tolo solto!
Ai si! Anda un tolo solto!
Que sei que é
amigo do señor Rajoy
destes personaxes
líbranos Señor
Ai si! Líbranos Señor!
Ai si! Líbranos Señor!
Señor San Antroido
líbranos do mal
d'Esperanza Aguirre
e da Cospedal
Ai si! E da Cospedal!
Ai si! E da Cospedal!
Ai San Antroido
líbranos do mal
da familia Fabra
e do señor Camps
Ai si! E do señor Camps!
Ai si! E do señor Camps!
Pero que fixemos
pre merecer isto
pola pipa do Papa
e polos cravos de Cristo
Ai si! Polos cravos de Cristo!
Ai si! Polos cravos de Cristo!
San Antroidiño bendito
ten de nós piedá
que queren roubarnos
ata a sanidá
Ai Si! Ata a sanidá!
Ai Si! Ata a sanidá!
Ai meu San Antroido
non teñen perdón
chúchannos o sangue
coa corrución
Ai si! Coa corrución!
Ai si! Coa corrución!
Coa corrución
e coa economía
o señor de Guindos
guindounos á ruína
Ai si! Guindounos á ruína!
Ai si! Guindounos á ruína!
Non hai quen o ature
non hai quen o aguante
a tanto chourizo
que temos de diante
Ai si! Que temos de diante!
Ai si! Que temos de diante!
Canta carantoña
canta hipocrisía
amosa a santiña
Sáenz de Santamaría
Ai si! De Santamaría!
Ai si! De Santamaría!
E o Ghallardone
non quere abortar
se a el o empreñaxen
habíalle gustar
Ai si! Habíalle gustar!
Ai si! Habíalle gustar!
E o Ghallardón
é amante da vida
si el empreñase
xa abortaría
Ai si! Xa abortaría!
Ai si! Xa abortaría!
As mulleres ricas
abortan en Londres
e a Portugal
iremos as pobres
Ai si! Iremos as pobres!
Ai si! Iremos as pobres!
Que as da dereita
fanse moi santiñas
pero cando empreñan
abortan todiñas
Ai si! Abortan todiñas!
Ai si! Abortan todiñas!
Moita santidade
moita hipocrisía
e dobre moral hai
na sancristía
Ai si! Hai na sancristía!
Ai si! Hai na sancristía!
Curas pederastas
Papas ricachóns
a base de cartos
conceden perdóns
Ai si! Conceden perdóns!
Ai si! Conceden perdóns!
Non hai que o ature
non hai quen o agante
ao señor ministro
calvo i arrogante
Ai si! Calvo i arrogante!
Ai si! Calvo i arrogante!
Co ensino público
el quere acabar
váiase ministro
váiase cagar
Ai si! Váiase cagar!
Ai si! Váiase cagar!
E coma a merda
despois da función
pídollo sin ira
con educación
Ai si! Con educación!
Ai si! Con educación!
E invite á merenda
á súa colega
á de Sanidade
que menuda prenda
Ai si! Que menuda prenda!
Ai si! Que menuda prenda!
Que mundo máis tolo
canta corrución
vivan os da Gürtel
e os da Pokemón
Ai si! Os da Pokemón!
Ai si! Os da Pokemón!
O señor Rajoy
non sabía nada
Bárcenas soíño
era o que roubaba
Ai si! Era o que roubaba!
Ai si! Era o que roubaba!
O señor Orozco
non sabía nada
o señor Liñares
todo llo ocultaba
Ai si! Todo llo ocultaba!
Ai si! Todo llo ocultaba!
A señora infanta
non sabía nada
o Urdangharín
como lla clavaba
Ai si! Como lla clavaba!
Ai si! Como lla clavaba!
O Urdangharín
como lla clavaba
e dona Cristina
ai como gozaba
Ai si! Ai como gozaba!
Ai si! Ai como gozaba!
Que mundo máis tolo
esto si que é vida
dannos polo cu
con aleivosía
Ai si! Con aleivosía!
Ai si! Con aleivosía!
Ai como nos gusta
sómosche ben parvos
volvemos votalos
cada catro anos
Ai si! Cada catro anos!
Ai si! Cada catro anos!
Esta democracia
fede que alcatrea
pero ninguén vai
parar á cadea
Ai si! Parar á cadea!
Ai si! Parar á cadea!
Mais o da cadea
a min dáme o mesmo
que volvan os cartos
que vaian pra o inferno
Ai si! Que vaian pra o inferno!
Ai si! Que vaian pra o inferno!
Adeus meus amigos
adeus meus señores
e que eu xa vou calando
que me dan ardores
Ai si! Que me dan ardores!
Ai si! Que me dan ardores!
Ardores me dan
e dor de barriga
comemos, bebamos
que lles den morcilla
Ai si! Que lles den morcilla!
Ai si! Que lles den morcilla!
Desta xa me vou
xa me vou marchando
que a Garda Civil
[es]tarame agardando
Ai si! [Es]tarame agardando!
Ai si! [Es]tarame agardando!
Ai San Antroidiño
pídoche perdón
polos meus pecados
por esta oración
Ai si! Por esta oración!
Ai si! Por esta oración!
Adeus meus amigos
que a cousa vos medre
botaime uns euriños
pra poñerme alegre
Ai si! Pra poñerme alegre!
Ai si! Pra poñerme alegre!
Se non mos botades
sodes ben moinantes
que a ferramenta
non se vos levante
Ai si! Non se vos levante!
Ai si! Non se vos levante!
Aos que vos sabedes
que lles den polo ano
adeus, que me vou
volverei pr'o ano
Ai si! Volverei pr'o ano!
Ai si! Volverei pr'o ano!
Autor/a da transcrición: e~xenio