A toponimia tamén nos dá información da poboación que houbo aquí antes da chegada dos romanos. Temos Anzobre, Canzobre, Laxobre, Rañobre, Sar, Sorrizo, con eles o propio nome do concello: Arteixo. Entidades maiores de poboación nas que hai castros. Moitos contan coa célebre terminación en -obre, que ilustres investigadores teñen asociado aos celtas, con un significado orixinario equivalente ao de castro. Outros topónimos orixi/ orixináronse en latín e foron evolucionando segundo as leis que transformaron o latín en galego. De orixe xermánica, temos moitos, temos uns cantos, vamos, bastantes: Suevos, Meicende, Gomesende, Sande, Fortesende, Rorís, Sisalde, Cendemil, Freán, Gallufe, Gondreo, Goxín e outros, finalmente, formáronse xa en lingua galega, en épocas máis recentes, a maioría deles na Idade Media.
Agora imos ver un pouquiño o que comentaba esa señora e mais...e,e,e Reigosa(...)Imos falar de Artasio, Arteixo, Arteijo, Arteixo, A Baiuca, capital do concello, motivos do cambio(...)E,e,e a documentación máis antiga de Arteixo que eu coñezo, descubrina cando preparaba a documentación para estes libros, e pódese con-consultar máis completa nos mesmos, eu aquí só cito,o,o dous renglóns. Ten data de 26 de setembro do ano 942, e figura nunha relación de doazóns feitas ao mosteiro de Celanova por San Rosendo, o seu fundador. Arteixo aparece localizado no territorio de Faro "In Faro ex dato tie mee domne Gunterodis, Artasio...". Así que no 942 aparecía como Artasio. Logo, nun documento do 1182, xa figura Arteixo. E no 1510, Vaz/ Vasco de Aponte falando da nobreza galega, tamén escribe Arteixo.
A través destas referencias históricas, obsérvase como se escribía tradicionalmente o topónimo, pero nos séculos XIX e XX tivo a vixencia unha grafía deturpada: Arteijo, cuxa correción se efectuou no ano 1985, pasando a denominarse, oficialmente, novamente, Arteixo, tanto o Concello como a parroquia. En xullo de 2001, a Comisión de Toponimia de Galicia estableceu a denominación oficial de tódalas entidades maiores de poboación correspondentes ao municipio de Arteixo. E, á solicitude das autoridades locais, asignoulle o mesmo nome de Arteixo á vila da capital do Concello, correspondente á localidade, historicamente denominada, A Baiuca. Así vemos como A Baiuca deixou de ser a capital do Concello e agora é Arteixo.
Autor/a da transcrición: e~xenio