Tamén me contaron que,e,e na praia de O Reiro, a principio dos anos(...)bueno, cando houbera a guerra de África, houbera un gran maremoto que arrastrara toda a area e deixara ao descuberto as cepas dos carballos e mailo tobre. O tobre era o material que se usaba pra face-las casas. E,e,e e logo máis adiante, nos anos corenta volveu haber outra(...)outro maremoto e volveu a pasar o mesmo fenómeno e volvéronse a ver as cepas dos carballos e mailo tobre.
E dixéronme, cando fixen o proxecto de toponimia, que alí que houbera unha vila chamada Galilea. Non o sei, non o teño(...)é información oral, pero digo eu, é para pensar...pois ao mellor si que a houbo, os maremotos a,a,arrasaron moitas cidades e,e,e e se había carballos e había tobre pois é posible que algo houbese. O que si é certo é que houbo campamento costeiro do, do Reiro, do Paleolítico(...)estaba alí, eso está(...)houbo ilustres arqueólogos que investigaron, fixeron escavacións e encontraron materiais desa época. Eso si que está constatado ata desde(...)de informes escritos por, por xente ex,experta.
Autor/a da transcrición: e~xenio