Logo están os haxiotopónimos, os nomes de santos, e,e,e en Sorrizo temos a Porta da Bendición. E,e,e este seique era un sitio que era reservado para que os cregos tomasen o baño, pero, tamén pode ser, que nas súas inmediacións estaba a capela de San Mamede e un tramo do camiño da,a,a da Coruña, que pasaba por alí, tamén se lle chamaba a Volta de San Mamede. Logo, en(...)hai unha pedra que tamén se chama Santa Marta, qu'está por fóra das Lobas, qu'era un sitio moi abundante, abundante en peixe. Logo xa, na parroquia de Chamín, porque é na zona de deslinde, está e,e,e Santa Irene que é a punta que sae, que, que, qu'está no medio do areal.
Entón é curioso, dá para pensar que nun, nun espazo tan, tan curtiño, pois, como pode haber tantos nomes de santos. Por que sería? É para preguntar! E,e,e ((risas)) habería que investigar moito máis. Pero, pero é que(...)bueno, igual houbo unha congregación relixiosa e,e,e(...)a capela de San Mamede é certo que, que existiu, eh! que aínda se acorda, aínda hai vellos en Sorrizo (de acordan) que se acordan de ver alí as súas ruínas, logo trasladouse (a imaxe) para,a,a(...) e celébrase igual na igrexa parroquial de San Pedro de Sorrizo, pero a capela está alí no medio(...)un cacho da parede no medio dunha silveira. Un, un,n,n(...)Si, un cachiño pequeno da parede.
Autor/a da transcrición: e~xenio