Outra lenda fala do castro de Castelo, que serve de separación ás parroquias de Sorrizo, Chamín e Monteagudo. Aquí, e,e,e no camiño principal, había unha ramificación que subía ao castelo. E ese, esa ramifica/ ramificación estaba e,e,e moi enlousada e os(...)a veciñanza dicía que iso que se debía po, porque era polo moito tránsito que tiña do cargamento de viño que os,s, e,e,e que a veciñanza subía para os habitantes do castro. O cargamento de viño, (subían) pra alí pra os habitantes do castro. (Decía) é que os castros, pois claro, tiñan o seu, o seu porqué.
Autor/a da transcrición: e~xenio