Resulta que hai moitos anos en Monteagudo vivía unha vella meiga, e que non facía máis que facer falcatrúas ao resto da veciñanza. Entón, o pobo, cansado dela, rexeitouna, botouna fóra e ela, acovardada, agachouse no monte. Entón, alí, agachada no monte, os veciños, así que pasou un tempo, pois, decatáronse de que a vella seguía a facer das súas. Entón, pra desfacérense dela, pois prendéronlle lume á,á,á(...)ao monte, todo ao seu redor e entón ela quería fuxir e non podía, e ao verse rodeada polas lapas, pois converteu todo o que a rodeaba en pedra, e disque se un vai ao monte aínda pode ve-la vella tentando fuxir e,e,e o seu trebello, seu asento e todo, todo por alí. Non?
Outra lenda relativa a pedras.
Autor/a da transcrición: e~xenio