Boas tardes a todos e a todas por asistirdes a este acto; un acto,o,o de historia, de lingua e de cultura, que son tan(...)estes actos así son tan necesarios para potenciar a nosa lingua e a nosa cultura, que boa falta lle fai, e,e,e,e ademais actos así, sempre suman, nunca restan, sempre son positivos para todo. E moitas gracias á, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega por te-la iniciativa de traernos aquí a Arteixo, actos(...)un acto así.
Eu vou utilizar, como fío conductor da miña exposición, a realización do Proxecto Toponimia de Galicia aquí en Arteixo porque vou explicar(...)non me vou meter a fondo, pero así un pouquiño por arriba(...)porque a raíz de facer este traballo, fixen outro tipo de investigación, digamos que a maiores do que é o traballo. Xa a facía antes de face-lo proxecto, logo,o,o durante o proxecto aproveitei que (saín ao campo) e,e,e e despois continuei porque me gusta e porque me parece interesante, (é) que me parece que son temas de tradición oral que non están recollidas nos libros pero que son moi interesantes porque,e,e(...)non é nada esaxerado decir que cando unha pe[r]soalidade(...)digamos que se produce o seu pasamento, con esa persoa sempre se vai unha gran biblioteca porque a información que teñen, a maior parte dela, case sempre, nunca está recollida nos libros, e saben, moito, moito, moito; é unha pena que non estea recollido, canto máis, pois, pois mellor, porque é información procedente de, de carácter oral, entón, iso é fundamental.
Ben, non me vou liar, xa, xa me(...)é que me saín do guión, entón (incomprensíbel) pouco máis.
Como digo vou utilizar como fío conductor a realización do Proxecto Toponimia(...)O Concello de Arteixo foi pioneiro na realización deste proxecto; foi o primeiro Concello de Galicia que asinou a realización deste traballo coa Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia na que participaban outros organismos da Xunta, como a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Comisión de Toponimia, a,a,a o SITGA, que é o Servicio de Información Territorial de Galicia que foi quen nos facilitou as ortofotos pra(...)incluír nelas o traballo recollido no, no campo e,e,e e bueno o,o os obxectivos do proxecto consistían en recoller toda a toponimia do concello, tanto a referida a entidades de poboación, como a outras realidades xeográficas: nomes de terras, fontes, regueiros, cruceiros, cons, areais, fixarlle unha forma escrita e situala cartograficamente. A motivación básica deste proxecto, digamos que é a salvagarda do riquísimo patrimonio cultural gravemente ameazado. A meteo, metodoloxía a empregar seguiu os seguintes criterios: rexistráronse os topónimos coas súas características lingüísticas e xeográficas. Os nomes localizáronse nunha fotografía aérea. Creouse unha base de datos. A información toponímica recollida dixitalizouse en ortofotos para o seu uso cartográfico.
Esta información obtida ten aplicación práctica para organismos públicos, entidades privadas que xestionan o territorio ou investigan sobre el: elaboración de cartografía, xestión de emerxencias, planeamento urbanístico, estudos filolóxicos ou antropolóxicos etc.
O traballo de campo realizouse durante un ano e a súa realización(...)para a súa realizaciónpercorreuse todo o territorio municipal palmo a palmo. Usouse unha enquisa...oral, principalmente, pois tratouse de rexistrar, coa máxima fidelidade, os nomes do xeito que son pronunciados polos informantes; estes seleccionáronse entre xente nacida na zona ou cunha longa presenza nela que empregaba o galego habitualmente, e que tiña un bo conocemento do territorio.
Ademais das características lingüísticas de cada topónimo, sobre todo fonéticas e morfolóxicas, rexistráronse as características xeográficas: localización e tipoloxía. Entrevistouse a veciñanza de máis idade, sobre un(...)sobre o terreo, unhas(...)200 persoas informantes. Contrastouse a información obtida con outra información histórica, como o Catastro de Ensenada e, nalgúns casos, até escrituras de particulares. Entre toponimia maior e menor, recolléronse 5.504 topónimos.
Unha vez rematado o traballo de campo, e entregada a base de datos e as fotos de traballo, revisouse esta información en diferentes niveis, e mediante o programa SIX, e tendo diante a foto aérea sobre na que se localizou a toponimia recollida en campo, introducíronse os topónimos nun sistema de coordenadas, o que permite a súa xeorreferenciación. Foi revisado polas persoas expertas en materia toponímica que (constituían) a Comisión Toponimia de Galicia, e unha vez revisado, realizouse unha exposición pública da toponimia en tódalas parroquias de Arteixo. (...)Ao acto de presentación asistiran as persoas informantes, outra veciñanza, alumnado do (SIES) e a clase política da Xunta e do Concello.
Finalmente, entregóuselle ao Concello unha copia dos mapas toponímicos con toda a información recollida; pódense consultar no departamento de Normalización Lingüística ou a través da páxina web toponimiadegalica.
Paralelamente, a técnica de normalización lingüística, coordinadora do Proxecto Toponimia en Arteixo, realizou estudos toponímicos iniciados xa antes da realización deste proxecto. Estes tres estudios publicáronse nos libros Arteixo de onte a hoxe, que son estes, bueno aínda hai outro pero que me pesaba moito no bolso e só trouxen dous.
Entón ((risas)) entón, estes libros foron prologados e revisados polo profesor, escritor, experto en toponimia e membro da Comisión de Toponimia de Galicia, Gonzalo Navaza. Actualmente están esgotados pero pódense consultar nas bibliotecas municipais, nas provinciais, en organismos como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Facultades, colexios etc.
Actualmente, é bastante demandado polos centros de ensino para realizaren traballos sobre o tema, por persoas afeccionadas que realizan os seus propios traballos e por outras persoas especialistas para realizaren informes sobre este municipio.
Autor/a da transcrición: e~xenio