Pilar Añón Dopico: E outro que se chegharon por un aventuro(...)en Lañas hai unha capilla qu'é,é,é de,e,e(...)pa(...)celébrase a romería de, de San Amaro, pero a,a,a a capilla na leyenda está a capilla de,e,e non de San Amaro, é doutro santo. E resulta que(...)
Antonio Reigosa: San Bartolomé.
Pilar Añón Dopico: San Bartolomé. Si. San Bartolomé. Todos din a capilla de San Amaro pero que é de parte(...)San Bartolomé. E,e,e dixéronlle, uns mozos aos outros, dixeron: Se vas ahora á porta da ighresia e petas na porta, e dis: San(...)esto,o,o...Bartolomé, bota a San Amaro fóra que a capilla é túa! E, e el foi e petou á porta e díxollo! Dixo: Esto(...)Bota,a,a bota,a,a a San Amaro fóra porque a capilla é túa! E entonces, ao que tocou, dixo el: Aí está! Paghádeme o aventuro!
Pero xa non puido recibilo que despoise, ao outro día, o aventuro era pa paghar nun...na taberna do Foxo, e,e,e non o puido paghar, que xa quedou na cama e non se puido levantar.
Antonio Reigosa: E morreu?
Pilar Añón Dopico: E, e morreu. (Incomprensíbel) morriu así sin se poder levantar máis. Duraría disque aínda unha temporada, pero paralítico de todo.
Antonio Reigosa: Por blasfemo.
Pilar Añón Dopico: Por blasfemo. Así que aventuros non se poden facer cos santos!
Autor/a da transcrición: e~xenio