Era un viuda que tiña tres fillas e resulta que a,a,a,a as dúas máis ghuapas colleron mozo. E,e,e,e e ao coller mozo, xa levaban unha temporada de relación...pero, esto,o,o cando levaban así, cerca de dous anos, decidiron de casarse. E a nai que era viuda díxolle ela:
-Bueno, muller, pois hasta me ghusta que vos casedes! E, e, e xa vos casade-las dúas xuntas?
-Si,i,i. Casamono-las dúas xuntas!
-Bueno, pois daquela! Pero tamén túa irmán ([es]tar) aí que nunca tuvo mozo! E,e,e, e se puidera casar túa irmán tamén, así xa faci/ facíamos tres casamentos nun día!
-E, daquela, como facemos?
-Pois mira, vámosllo decir aí a Manoliño, que xa ten dúas vacas, e ten tamén unha burra e(...)aí xa, pois.
-E, pois, decímosllo!
E resulta que foron a xunta de Manoliño, qu'era Manolo de Mosca, un, un, un d'aquí de cerca, ((risas)) e foron a xunta de Manolo(...)
-E unha, unha necesítoa pois, vamos, daquela, traédema logho, xa, traédema que xa a levo.
-No, no. Tes que vir(...)casar, todos nun día.
E casáronse as tres nun día e a,a,a vella que xa...[es]taba...levaba moitismo tempo viuda, dixo ela:
-Bueno, mira, vouvos decir unha cousa, qu'eu acórdome moito do difunto de teu pai! A ver se me podedes decir en verso como se portan os novios de noite.
E dixo ela:
-Bueno, a ver logho, como facemos!
Levantouse a,a,a máis vella e,e,e saliu por alí, pola eira, andando e dixo: Una vez nada más le dio la vida! ((Risas))
E d'alí a un pouco levantouse a outra e dixo, a outra,a,a tardou un pouco máis, dixo ela: Dos ghardenias para mi, ta-ta-ta-ta-ta! ((Risas e acenos))
E despois levantouse a tonta, d'alí a dúas horas, cerca da, da unha, e,e e xa non contaban que se levantara ((risas)) e empeza ela: Doce cascabeles lleva mi caballo!
((Risas))
Autor/a da transcrición: e~xenio