Eu vou,vouvos a contar o que me pasou a min na,a,a na casa do meu pai.
Esto,o,o viña unha,a,a muller axudarlle a miña nai porque,e,e miña nai era sola e tiña que ter alghunha muller que lle axudara. E veu unha e,e,e,e e dixo(...)colleuna a noite(...)díxolle:
-E,e,e ahora non podo ir á casa...
-Pois, que vaia Baldomero contigo. Que te leve a casa.
E fun. E no medio do camiño, díxome ela:
-Espera que teño qu'ir mexar.
E dixen eu:
-Daquela vou eu tamén.
((risas))
E resulta que claro(...)eu tamén fun pero ibamos cheghando á casa, e díxome ela:
-E habémonos casar?
E dixen eu:
-E quen nos ha de querer a nós!
((risas)
Autor/a da transcrición: e~xenio