Antonio Reigosa: Bueno, pois pra que,e,e Óscar toque a gaita, ten que haber alguén que faga a gaita, claro. E, neste caso, teno doado, porque supoño que non che cobrará moito, como é teu pai! Pois. Digo eu, eh,h,h! Ou ponlle precio de mercado? Non.
Jesús Miranda: No. No, no.
A.R.: Bueno, e,e,e Jesús, Jesús Miranda, costructor de gaitas, desgrazadamente cada vez hai menos costructores de instrumentos tradicionais, non sei se hai máis en Arteixo, de, de gaitas ou de calquera outro instrumento.
J.M.: Si. Non, non creo. Non sei.
A.R.: Pois se non o sabe vostede...
J.M.: No. Qu'eu sepa no.
A.R.: Bueno, pois vanos contar un pouquiño, claro, pola breve, e,e,e moi por riba, cales son as pezas, e que materiais se usan, que madeiras e como se fai unha gaita.
J.M.: Si.
A.R.: Vale.
J.M.: Moi ben.
A.R.: Aguántolle eu, usté non se preocupe. Usté fale (seguido)
J.M.: Boas tardes a todos por vir hasta aquí. Moitas gracias á Asociación por invitarme a, a vir a falar aquí do que a min me gusta facer, que é a gaita. Entón, pois, a gaita e,e,e con respeto ás madeiras, temos varios tipos de madeiras que se usan para facer as gaitas, como son a madeira de buxo, que foi a madeira que sempre se usou para, para a gaita; despois viñeron outras madeiras, como esta, esta gaita, por ejemplo, ten unha madeira de granadillo, hai madeiras de,e,e pau santo, cocobolo, e,e,e(...)un sinfín de madeiras. I tamén o buxo, claro. E,e,e a gaita, e,e,e se compón, pois do que é un fol, donde,e,e metemos o aire dentro para poder tocar; un ronco, que ten a súa misión; e,e,e esta peza que lle chamamos o punteiro que é donde se,e,e toca a melodía; esta peza por donde se sopla, que é pra(...)donde metemos o aire dentro do fol i outro ronco máis. Cando, ahora, vemos moitas veces tocar un gaiteiro, cando empeza a tocar, vemos que vén aquí i anda abrindo i cerrando, é porque cada nota que vai a dar, e,e,e no punteiro, ten que afinar con esto, por esto, esto, este ronco é pra eso. E,e,e o ronco se compón de tres pezas que son, precisamente, para poder acortar i poder alargar, i, i,i,i así conseguir afinar con tódolas notas que dá no punteiro, por eso, é un instrumento mui difícil de tocar. E,e,e por outra parte, temos, esto sería unha gaita(...)unha madeira de buxo, que, o son é o mismo, o sonido é o mismo, o único que,e,e son distintas madeiras. Eh? E,e,e esto é o máis sinxelo, o que se fixo sempre i para que esto toque pois, obviamente, ten que levar unhas palletas que unha cousa mui delicada, tódalas pezas teñen a súa función. I, entonces, aquí levan unha palleta que é de caña, que é (a) que nos dá o sonido, i en tódalas, en tódalas pezas sonoras teñen un elemento que é o que toca; aquí temos a famosa palleta, e,e,e que tanta guerra lle dá aos gaiteiros porque ([es]tá) é unha peza de moita precisión, en canto se molla ou colle diferentes temperaturas, pois varía a súa afinación. Entonces, cada vez que o gaiteiro, e,e,e empeza a tocar, se vos fixades que sempre está movendo o ronco, pois é para que, eso, que afine perfectamente. E,e,e,e,e a forma que damos aquí á,á,á copa, que se ve que unha(...)que ten máis madeira, é que por dentro t[e] un vaciado igual qu'está por, por fóra para que dé ese sonido ten que darnos un sonido constante para que tódalas notas poidan afinar aí. I,i,i,i i bueno que podíamos falar moito da gaita, e,e,e,e o que nos identifica aos, aos galegos, aquí dentro de Galicia e polo mundo adiante. O,o,o, calquer galego que esté fóra d'aquí, ve unha gaita pois,s,s,s e,e,e, se acerca a el, i lle pregunta i lle fala i é unha forma pois, a veces, d'abrir moitos camiños. I,i,i,i,i como dicía antes, é un instrumento mui difícil de tocar porque a presión que dá o gaiteiro, teñen que sonar todos os elementos sonoros i teñen que afinar todos, todos co punteiro, por eso é un instrumento, á parte de ser bastante difícil de tocar, pois é bastante complicado para facer tamén. I,i,i,i s'emplean unhas cuchillas mui especiales para facer unhos vaciados e,e,e nas madeiras para que den esos sonidos i,i,i i esa tímbrica que nos dan, que é o que caracteriza,a,a,a a nosa gaita. I,i,i,i i bueno, pois (incomprensíbel) por encima, é,é,é é un pouquiño o que é a nosa gaita. Podemos (adornarla) con con,n,n moitas anillas, distintos tipos d'anillas, i,i,i,i, i,i,i según o,o,o gaiteiro, pois,s,s,s e,e,e unhos prefieren unhas anillas(...)cando teñen unha gaita que lle afina ben, que lles suena ben, pois o que queren é poñerlle adornos mui, mui bos; incluso, se teñen feito gaitas anilladas en ouro i en plata.
A.R.: Pero tocan mellor esas?
J.M.: Non. Tocan o mesmo,o,o. E,e,e,e o,o,o o sonido vai nos vaciados e na tímbrica da madeira. Cada madeira ten a súa tímbrica i eso, pero, claro, o gaiteiro que,e,e,e toca ben i,i,i se sen-te mui,i,i, se sente orgulloso de tocar ben, po[i]s tamén lle gusta levar unha gaita elegante. Entonces, pois,s,s,s se, se poden facer gaitas, pois, se-según o gaiteiro, pois,s,s lle guste ter unha gaita moi luciente ou unha gaita, pois, máis corriente.
A.R.: Soa, soa diferente entón, a de buxo, a de pau santo?
J.M.: Son timbres(...)as madeiras teñen timbres distintos(...)o sonido e a afinación é o mismo; os timbres, si; i as madeiras, cada madeira ten o seu timbre. Entón, antiguamente, había, independiente de,e,e,e dos timbres i eso, as gaitas se clasificaban en, en, en, tres(...)había tres tipos de gaitas que era a gaita grileira, qu'era unha gaita de un tono mui agudo; e a gaita redonda, que é esta gaita qu'está afinada nun tono de do, i logo había a gaita en tumbal qu'era unha gaita qu'está afinada en si, bemol. I,i,i, hoxe en día, pois, xa se fan, pois,s,s e,e,e gaitas que afinan en tódalas tonalidades, é decir, e,e,e aquí temos, pois,s, con respecto ás tonalidades, e,e,e unhas doce gaitas. E, o sea, a gaita é a misma, pero o tono de afinación, o podemos dividir en doce grupos, en doce gaitas. I,i,i,i i,i,i,i i podemos falar desto, pois,s,s moito tempo, i,i,i(...)
A.R.: Eu non lle pregunto porque se explica tan ben que...
J.M.: O máis difícil, para facer unha gaita, sin meternos xa en temas de como tocan os gaiteiros ou noutras cousas, o máis difícil é o punteiro. O punteiro está feito con unhas ferramentas mui especiales, que cada un que fai gaitas ten que facer el a propia ferramenta para facer e,e,e os punteiros ou calquera outra peza da gaita. I,i,i,i son ferramentas mui precisas, mui,i,i mui delicadas, i lodo se van,n,n gastando, i a medida que se van gastando, hai que facer outras novas porque esas ferramentas non valen para afilar. Unha,a,a décima de milímetro que,e,e,e que nos saque de menos no vaciado interior do punteiro, pois é o suficiente para que haxa algunha nota que o punteiro non nos afine co ronco. I entonces, pois claro, e,e,e hoxe en día hai unhos gaiteiros mui bos, mui bos, e cando ven qu'unha,a,a gaita, hai algunha nota que non lle dá, pois entonces nos tiran das orellas aos que facemos as gaitas. Entón temos que facelas, pois, o millor que se pode. Hoxe, chegharon a,a,a a un punto de afinación mui,i,i mui,i,i,i penso que pouco xa se pode millorar e,e,e eu me lembro, cando era máis rapás, pois,s,s,s as gaitas afinaban, pois,s,s,s entre si, ben, pero claro, e,e,e hoxe en día, pois,s,s como acabamos de ver aquí, unha gaita pois toca con un acordeón, i entonces ten que afinar co acordeón i con calquer outro instrumento, i, á parte, de que ten que afinar ela co, co ronco, como antes falábamos, que é o que nos fai de patrón, unha nota pedal que nos dá aí, tódalas notas do punteiro teñen que afinar, pero si tocan dous gueiteiros xuntos, teñen que afinar as dúas gaitas tamén, i si toca un gueiteiro, ou dous ou tres con outro instrumento máis, pois tamén teñen que afinar perfectamente. É decir, qu'están mui(...)chegharon a un punto de afinación, mui, mui exacto, xa. Xa se millorará, pero pouco se pode millorar.
Despois tamén me dedico a facer zanfonas, tamén é outro(...)é outro instrumento,o,o qu'estaba xa,a,a bastante perdido i,i,i,i i bueno, i,i, eu empecei a facer nelas i,i,i i a tratar de recuperalas un pouquiño. I,i,i é esto, pois, que vedes aquí, é a zanfona, i,i,i...que consta do que é unha caixa sonora i un teclado, i unha roda que, ao mover esta roda, nos fai e,e,e vibrar unhas cordas, o cual nos dá un sonido. Claro, para tocar ten que ter unha posición determinada i,i,i ((Jesús toca a zanfona)) I esto é o son da zanfona. É un instrumento e,e,e mui complicao para que resuene e,e,e i para que afine por a cantidá de cordas que leva e,e,e i pola complicación que ten para poder afinar tódalas, tódalas notas que nos dá a zanfona. Era, é un instrumento que antiguamente había moito por aquí, por Galicia, como por outras zonas, i,i,i hubo unha época qu'estuvo bastante,e,e,e non desaparecido, pero,o,o pero,o,o non había moito quen nas fixeran, nin quen as tocara, non? I, entón ahora, pois se volve a outra vez a mover un pouquiño e,e,e este tema, i,i,i,i eu, pois, despois de botar moitos horas i horas con ela, pois, conseguín que sonara ¿Non? I,i,i, é así un pouquiño a historia.
A.R.: E non é pouco! Costrutor, viña por costructor de gaitas e resulta que tamén fai zanfonas!
J.M.: Si. Si. E,e,e,e é unha cousa que,e,e me gustou sempre facer i,i,i ahora, pois, [es]tou na posibilidade poder e,e,e facelas i,i,i i bueno, po[i]s [es]tou bastante orgulloso, pois, por poder e,e,e,e levar a cabo, pois, esta idea que tiña desde fai moito tempo.
A.R.: Pois é unha pena que non teñamos máis tempo, pero creo que non só sabe facelas, senón que sabe contar como, como se fan. Así que, moitas gracias.
J.M.: Gracias a vós!
Autor/a da transcrición: e~xenio