Quen é aquela Señora, que baixa pó-lo areal?
É a Virgen de San Breijo, que vai ver á de Rendal.
Levaba un-ha colandrilla, arriba da sua coroa:
o Señor bendiga á ave, que leva nosa Señora.
Parouse na fonte crara, parouse na augua fria
labar pañales do neno, boa falla lles facia:
ven por alí á labandeira, para llos ir á tender.
Volve ó niño labandeira, que moito ali tés que ver:
ós pajariños d'os ovos, sayen e saben voar
e teñen conta da roupa, que quedara no tendal;
maduran amoras verdes, pró os pájaros peteirar,
has herbiñas arrecenden, á Virgen vainas cheirar;
ja marcha aquela Señora, que baixa pó-lo areal,
Virgen do Santo San Breijo, que vai ver á de Rendal.
Autor/a da transcrición: e~xenio