Antonio Reigosa: Eu lin, nun, nun libro que hai moi coñecido da medicina popular en Galicia que aquí en Arteixo, entre outras cousas, creo que se non o achego que non se oe, que,e,e pa curar o chamado aire de cemeterio, metían a un neno nove veces no forno, atado á pa e envolto nunha saba mollada. Ou tamén, que andaban con el arredor dun pexegueiro. Pero usté non me contou eso, eh?
Purificación García Borrazás: No.
Antonio Reigosa: Cón,cóntao este señor e paréceme unha animalada!
Purificación García Borrazás: Si. (A min tamén) me parece unha animalada ((risas))
Antonio Reigosa: O que contou Pura, foi que ela, ela, sendo nena, e vaino contar ela agora, tiña un irmán que tiña un problema que non podía andar(...)
Purificación García Borrazás: Que tardou moito en andar. Tardou moito en andar e dixeron: Bueno, pois hai que(...)Ah! Óyese así millor?
((Risas))
Antonio Reigosa: Si. Si que se oe ((Risas)) Si que se oe. Si. Oise ben, verdá?
Purificación García Borrazás: Era un neno qu'era (incomprensíbel) e logho facía dous anos e non andaba. E,e,e e dixeron: Era ben levalo a,a,a a cortarlle a xunta. Había que atarlle os, os dedos dos pés, os dedos ghordos, atarlle os dous dediños e levalo no colo, levalo a unha encrucillada, cando a xente viña da misa e había que esperalo alí. Ibamos por un lado e non se podía falar con nadie. E despois cando a xente viña(...)[es]taba sentado esperando que viñera a xente e cando viña, viña unha señora e decía (un): Señora que vende fortuna, (córtemelle) a solta a esta criatura! E marchaba andando polo outro lado, non podia falar hasta meterse na casa! E,e,e e, ao millor, ao outro día, xa andaba o neno! E non hai máis!
Antonio Reigosa: Pero este neno curou?
Purificación García Borrazás: Este neno curou!
Antonio Reigosa: Ves!
Purificación García Borrazás: Si, si.
Antonio Reigosa: Claro!
Purificación García Borrazás: Este neno curou!
Autor/a da transcrición: e~xenio