E,e,e nos anos oitenta, ben entrado os anos oitenta, constituíronse en Arteixo, varias asociacións onde a gaita xogaba un papel importante, e unha delas foi a Asociación Queiroa de Uxes que fixo, i está a facer, unha labor importante de divulgación da música e do baile galego; e,e,e en Meicende houbo un grupo de gaiteiros mui prolífico e,e,e que dependía da Asociación de Veciños de Meicende, e, como non, en Arteixo, e,e,e había, estaba a Asociación Xuvenil Xiradela donde Víctor máis eu nos formamos como, como gaiteiros. E,e,e i que tamén fixo un papel importantísimo de, de divulgación, de conservación e de preservación do, do patrimonio musical e de baile, e,e, galegos.
E,e,e,e para nós, ademais, foi moi enrique/ enriquecedor o traballo de campo que fixo esta asociación recollendo numerosos, numerosas músicas e bailes por toda Galicia, e,e,e a seguinte intervención, e,e,e pois vai neste senso, vamos a tocar dous temas e,e,e que a Asociación Xuvenil Xiradela recolliu en Santa Xuliana, na Fonsagrada. E, vamos a tocar a xota e a muñeira de Santa Xuliana.
Autor/a da transcrición: e~xenio