Eu, creo que son humano reconvertido,
e sinto que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é auga salgada.
Sinto tamén que sufrín metamorfose,
non é nariz o meu, senón proa,
non son brazos os meus, senón amuras
e as miñas costelas cadernas...
Todo en min forma un esquelete naval.
Esta barriga que se afunde no mar
é estabilidade contra as ondas de costado.
Son home, son barco, son tantas cousas...
Eu creo que son árbore, porque sempre me chove,
sempre me venta, sempre me dá o sol.
Tamén creo que sou paxaro, porque os peixes
venme voar entre as ondas, subo, baixo,
fago siluetas acrobáticas ou simplemente voo raso.
Así me ven, un paxaro voando no océano...
Miran cara arriba e alí estou, coa proa,
as amuras, a popa...
Eu, son mariñeiro, e o mar móllame o alma,
salinízame e golpéame o corazón.
Eu non podo facer máis nada,
Senón ser árbore, ser barco, ser paxaro...
Nada podo facer,
NADA, PORQUE MARIÑEIRO SON.
Autor/a da transcrición: e~xenio