Bueno, (pois) eso, que era agradecerlle a Antonio que quixese que...ou sexa, que pidise a nosa colaboración e,e,e,e e a dos...bueno de,e,e moitos dos que estades aquí, hoxe en día, presentes. E todos sabedes que, bueno, os que subimos aquí facémolo coa intención de lembrar ese,e,e tempo durante o que se foi forxando a nosa peculiar maneira de ser e de relacionarnos co entorno. E bueno, confeso, xa notades na,a,a...no tono da miña voz que eu preferiría seguir aí sentado que,e,e que subir aquí, non, seguir entre o público. E seguir para escoitar a quenes son os verdadeiros protagonistas deste acto, ou sea, as persoas que hoxe nos van a transmitir as súas, as súas querencias, o...que son os,s,s que teñen presente as voces, as lendas, as historias e os contos de Arteixo. Esas memorias vivas que falan do tempo en que Arteixo era a verdadeira horta da Coruña e lles cobraban o (fiolato) no alto da Grela por levarlle os alimentos nascidos nas veigas de Loureda, Armentón ou Oseiro, aos distintos mercados e tendas da cidade. Ou de cando Puga y Parga, o famoso Picadillo, alcalde que foi da Coruña, e mais coñecido aínda pola súa sorprend/ sorprendente obesidade, subía no seu coche da...cando subía no seu coche a costa de Oseiro, botáballe pola fenestrela patacóns aos rapaces para que lle axudasen ao chófer a empuxar o auto que non podía con el. El, sabedes qu'era moi obeso e ocupaba todo o asento traseiro, todo o asento traseiro do coche. Ou de cando as rapazas, esto xa nolo contarán máis tarde, lle levaban o xantar a seus pais que traballaban nas minas, e elas agochaban o wolfran no medio dos bolos de pan para facer contrabando. Ou de como se traballaba no percebe e nas leiras; de cando os santos se vingaban por a falta de respeto contra eles por parte dalgún paisano, deixando, como neste caso que nos contaban, deixándoo paralizado do lumbago por terlle collido unhas tellas da capela para retellar o seu alpendre, e que só curou cando devolveu as tellas á capela. Ou aqueloutro home que quedou sordo por largarlle unha patada a unha pedra, ao pensar qu'era unha simple pedra, na que tropezara a rella do arado, quedou sordo, e só curou da sordeira cando colocou esa pedra dentro da igrexa de Santa Icía. Bueno, (vai)...de Santa Icía non, perdón, de Santa Baia.
Falarannos aquí, esta xente, de como se (ligaba) na festas e de como se comía despois das faenas; dos choríns de Santa Eufemia que cuspían madeixas de pelo nas que ía envolto o diaño, e dos ramos de Oseiro, o ramo do neno e da nena...esos roscos de pan apotropaico que se usaba contra, e se usa, contra os males de todo tipo, tanto en persoas como en animais. Ou dos exvotos que os mariñeiros de toda a redonda lle traían a nosa Señora de Pastoriza agradecidos por telos socorrido nalgún percance no mar.
Escoitamos a estas personas que nos veñen falar neste tempo, en que aínda habemos d'aproveitar o que vivamos cun pé no arado romano e outro na internet, para gardar memoria do que fomos.
Persoas que tamén coñecen as lendas, que son verdadeiros libros de filosofía, que xeración tras xeración, se foron contando ata chegar ata nós. Como esa do galo que viaxa polas profundidades da terra, desde unha furna aberta ao ocaso, desde a praia de Barrañán hasta Lañas, onde aparece, a modo de resucitado, como se camiñase de oeste a leste, do ocaso ao orto ou, si preferides, como si volvese da morte para a vida. Ou o encanto da galiña que coida unha hornada de pitos de ouro, amarelos como o sol, que aparece no castro de Lañas, e que farán rico a quen os desencante.
E chámovos a atención sobre estas lendas porque, habedes de fixarvos, que dúas das lendas máis importantes de Arteixo, teñen como protagonistas as aves. E que tamén as aves son atributo dalgún dos patróns parroquiais de Arteixo. Santa Baia, por exemplo, deixou saír unha pomba da súa boca no momento de morrer. E San Pedro foi advertido por un galo de que un novo mundo comenzaba tras a morte de Cristo.
E ahora, é o momento xa de invitarvos, xa que pertenezco a unha asociación que se chama "Polos camiños de,e,e Arteixo", invitarvos a que paseedes polas distintas parroquias do municipio, observades a grande cantidade de adornos e elementos simbólicos e protectores, con figura de aves, que se ven en todo tipo de construcións. Desde o dintel de Oseiro, con dúas pombas ao acubillo da cruz, ata os hórreos de máis moderna feitura que inclúen pombas, pardais, aguias e galos, unhas veces esculpidos e outras dibuxados. Aves de todas as épocas, desde as lendas castrexas ata hoxe, pasando por figuras do Románico, do Renacemento, do Barroco, porque ao final as aves, habedes de sabelo, que son as que anuncian un novo día e os tempos de fartura pois, naqueles campos onde se ven aves, é que nelas hai vida; hai gromos que afloran, e se,e,e con eses gromos hai esperanza dun novo froito. E se hai froito, evidentemente, hai fartura.
E con esta pequena aportación á polafía, invitándovos a camiñar polas distintas parroquias, polos camiños de Arteixo, tamén vos invito a falar coa xente que sab/ para saber do que fomos, discutir nos bares, de cousas que, a veces, parecen e,e,e demasiado,o,o vulgares, pero que teñen o seu aquel, como por exemplo, chegar a saber quen foi o que marcou o gol máis importante da historia futbolística arteixán, a pesar de que nese partido o equipo arteixán perdeu por 11 a 1. Xogouse o partido no campo da Grela, entre o Lañas e o Peñarol de Montevideo, cando o Peñarol viña de conquistar a Copa (Libertadores). Hai disto uns cuarenta anos. É unha historia recente pero que vai camiño de converterse en lenda porque non é o mismo marcarlle...marcar un gol, ca marcarlle ao millor equipo americana, e posiblemente ao millor equipo no mundo que...naquela ocasión, viña para xogar o Teresa Herrera.
En fin, que camiñar por Arteixo pode ser algo sorprendente, algo engaiolante para observar como as lendas e os contos nacen a cada paso e permanecen por séculos. Como a tradición se mantén aínda nos máis modernos elementos constructivos, nas falas, nas lendas e nos contos que calquera paisano nos pode contar.
E por min, xa nada máis. Só me resta agradecerlle á xente que me axudou nesta empresa para buscar as persoas que realmente van a falar aquí, a Carlos Campos, a Antonio Mouzo e a Ana Gago, a súa colaboración, pois cando lles contei desta proposta, a proposta que nos facían desde a Asociación de Escritores, non regatearon esforzos ata encontrar e convencer a moitas das persoas que hoxe suben a este escenario.
Autor/a da transcrición: e~xenio