Boas tardes a todos, tanto para Víctor como para min, é un pracer poder amenizar musicalmente esta polafía e,e,e bueno, vamos a facer un brevísimo repaso histórico do que foi a gaita galega i a música tradicional aquí en Arteixo, nestes últimos e,e,e trinta anos.
E,e,e até os anos oitenta, a nosa sensación é que a presenza de gaita aquí en Arteixo, e,e foi mui puntual e mui circunstancial, sin ter constancia de que existiran grandes agrupacións ou grandes grupos, e,e donde se tocara a gaita. E,e,e, non obstante, o,o o noso primeiro achegamento á gaita, á música de gaita, aquí en Arteixo, a temos que facer e,e,e da man de Leonardo Corral, gaiteiro de Morás, e afincado en Morás, e tamén do seu fillo e,e Lois Corral, tristemente ambos xa falecidos. E,e,e,e que bueno, eles formaron parte dun grupo mítico de Galicia de, de gaita que se chamaba "Os cinco de Galicia", e a nosa primeira intervención e,e vai un pouquiño na memoria deles i vamos a tocar o Alalá para Lois e a muñeira, unha muñeira composta polo propio Leonardo Corral que se chama Muñeira da Baiuca.
Autor/a da transcrición: e~xenio