Sonan xa os instrumentos
- Quen anda aí?
Como facían antigos tempos, ai!
- Quen vai?
Centos de anos de historia
Porque con este garfo i esta tixola
cántolle esta peza ós de Valdeorras
bacalao con cebola.
Moito miras para min
moito me chisca-lo ollo
teño moito que facer,
non podo atender a todo.
Concha del alma no llores.
Ó pasa-lo regueiriño
Maruxiña dáme a man
si non te casas comigo
cásaste con meu irmán,
cásaste con meu irmán,
cásaste con meu irmán
ó pasa-lo regueiriño
Maruxiña dáme a man.
Pau de buxo, pau de buxo
pau de face-las culleres,
non sei que teñen os homes
que fan incha-las mulleres.
Concha del alma no llores.
Ó pasa-lo regueiriño
Maruxiña dáme a man
si non te casas comigo
cásaste con meu irmán,
cásaste con meu irmán,
cásaste con meu irmán
ó pasa-lo regueiriño
Maruxiña dáme a man.
A despedida vou dando,
a despedida vou dando
hai que despedir alegre,
que me despido cantando.
Concha del alma no llores.
Ó pasa-lo regueiriño
Maruxiña dáme a man
si non te casas comigo
cásaste con meu irmán,
cásaste con meu irmán,
cásaste con meu irmán
ó pasa-lo regueiriño
Maruxiña dáme a man.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro