Os Minhotos
É o resultado do gusto de cinco músicos galegos pola música do seu país, Galiza; sen aditivos tanto na forma coma no fondo. Os Minhotos é o son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga moitos anos de festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Composición: Paula Fernández (acordeón), Alberto Castro (gaita, pandeiro, pandeireta, bombo), Bruno Villamor (gaitas, zanfona, requinta, pandeireta, tamboril), Vítor Otero (zanfona, gaitas, percusión), e Xaneco Tubío (tamboril, pandeiro, pandeireta, tixoletas, ferriño). Este tema forma parte do seu primeiro disco que leva por título "Pinga d’auga".