Diplomado en Enfermería, profesor da USC. Como dinamizador cultural foi presidente da "Asociación Cultural María Castaña", que se mantivo activa durante 18 anos até que en 2011, por falta de recursos e de apoios públicos, deixou a actividade pública. Esta asociación acumulou ao longo deste tempo un arquivo moi importante (músicas, letras, traxe, baile…). Foi premiada e recoñecida como unha inciativa cultural excelente.