Eu son Marcelo, un rapaz de aldea. Perdón, fun. Agora vivo no Corgo nunha aldea pantasma na que en vez de tractores hai cortacéspedes. Todo o mundo me chama Marcelo, agás miña nai que teima en chamarme Marcelino como meu padriño que é seu irmán. A miña aldea nativa chámase Guillufe que é da parroquia de Gorgullos no concello de Tordoia, entre Ordes e Carballo. Vin estudar a Lugo para perito e xa non dei marchado. Traballei na extensión agraria na Fonsagrada desde o ano 1994 até o 2006. Pedinlle permiso aos que dan a nacionalidade de Fonsagradino, para dicir que eu era de alí e concedéronmo, sempre que non houbera ningún nativo presente. Agora traballo en Lugo na Consellería de Medio Rural.