Xunto a porta dunha choza vella
estaba Xoana
abrazada no fillo
que se lle iba pra A Habana
Aflixida e queixosa decía
con triste gracexo:
Meu filliño querido da ialma
nunca máis te vexo!
Meu neniño, por Dios, non te vaias!
volve pra a casiña
teu paiciño morreu e ti vaste
i eu quedo soliña
Anque teña que andar eu sin roupa
e non teña un carto
irei sola cun fol á limosna
pra verte ben farto
Ricardiño, polo que máis queiras
volve que eu toleo!
Virxen santa do Carmen me valla
e os santos do ceo!
Miña nai, por Dios cale, non chore
de veras lle pido
pola ialma, que na gloria esteña,
do meu pai querido!
Esas bágoas que verte vostede
quixosa e rendida,
son coitelos que o peito me cravan
e quítanme a vida!
Anque lonxe me vou, non a deixo
siquera un momento
levareina canda min gardada
no meu pensamento
Pida a Dios e aos santos benditos
pola sorte miña
pra tornar abrazala contento
i adiós, naiciña
A pobriña da nai quedou sola berrando:
Ricardo, meu filliño
se morro e tu volves,
no ceo te agardo!
Oh, maldita emigración moura
cando (incomprensíbel) chegas,
porque acabas cos corazós nobres
destas nais galegas
Pouco fan eses cartos que mandas
pr'aquí nada chega
pra pagar tanta sangre que beben
á patria galega!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora. Axúdalle a refrescar a memoria o seu fillo, J. Manuel Bermúdez Arias.