Aló cando eu era mozo
tiña doce anos cumplidos
fun ver unha nena guapa
filla de Xan (incomprensíbel)
Eu levaba un pau tan grande
como o fungueiro dun carro
unhas zocas de chinelas
fumando nun gran cigarro
Entrei, dei as boas noites
sale o can tan apurado
(rachoume) un calzón d'estreno
e mais tiroume deitado
O vello pegoulle un couce,
atrás can, o condenado
(incomprensíbel) bateume a min nas costas
que me deixou (derreado)
E dixo a vella da casa:
Foiche bon mira-lo home
qu'este can éche escollido
e carne mala non a come
I a rapaza non estaba
disque qu'iba nun viaxiño
e eu quedeille d'esperar
no alboiro dun veciño
Saleu outro can tan feo
como a cabeza dun sapo
e arrastroume pola lama
(incomprensíbel) se fora un trapo
E como o can ladraba tanto
salen tódolos veciños
con (colmeiros), paus e (incomprensíbel)
e as mulleres con enciños
Cando sentín tal barullo
deixei as zocas chinelas
e pra que non me pillasen
deille (bon sebo) ás canelas
E no camiño unha vella
(incomprensíbel)
deume unha bofetada
decíndome qu'era feo
Miña nai, ao entrar na casa
fíxome unhas boas sopas
cantoume carenta en bastos
e mais despois, vinte en copas
E meu pai qu'estaba cerca
pra me quentar ben as moas
pegoume tres bofetadas
qu'encima de mel, filloas!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora. Axúdalle a refrescar a memoria o seu fillo, J. Manuel Bermúdez Arias.