Unha mañá (incomprensíbel) (moi) alegre,
xeitosa e clariña,
coa gaita fun ben contento
pra a Santa Mariña
O do bombo cargou co seu lote
i (otro redoblante)
ben contentos e alegres salimos
cara terra adiante
Ao chegar, tocamo-la muiñeira,
todos nos saludaron
e o da festa tirou dous foguetes
que forte estalaron
Ai, que mozas había tan guapas,
parecían estrelas,
i os rapaces bonitos cal soles
bailaban con elas
Os cativos comían rosquillas
i as vellas miraban
pra os rapaces e mozas que alegres
lixeiros bailaban
Os velliños fumando cigarros
quedaron mirando
pra os gaiteiros que dereitos nun muro
estaban tocando
O máis vello dos moitos que había
dixo aos compañeiros:
mais afellas que non os conozo
a eses ghaiteiros!
Nos conozo na máis pra (servilos)
e miñas xoíñas
moi vestidos non veñen, son pobres,
¿serán da terriña?
Marcelino, si queres sabelo
escóitame e cala,
son d'aldea que hai que descubrirse
sempre nomeala
Son d'aldea donde hai habaneros
de porte brilante
que traballan pa que a súa aldea
sexa máis campante
E se viras a igrexa que teñen,
camposanto e adro,
e un gran palco pra toca-la música
¡aquelo é milagro!
Unha casa xunto a carretera
qu'era o sindicato
onde van os labregos por cousas
todas máis barato
E unha casa pa escolas que teñen
vela dá delicia
son capaz de xuralo, millor qu'ela
non hai outra en Galicia
Estas cousas e outras que calo,
dirémolo a berros,
era casi imposible facelas
sin os habaneros
I o señor cura que temos
que moito lles vale
qu'eu afellas non conozo outro
que a ele o iguale
Polos tempos que corren agora
haiche poucos deses,
é capaz de dá-la súa vida
polos feligreses
Éche un home que non quere riquezas
e de todos é amigho,
que (ha deixar) pra cando o enterren
un deber cumplido
Si Galicia tuvera así homes
un en cada aldea
outros mundos millores serían
aunque non se crea
E esta aldea que é espello de todas
e tanto traballa
évos, nada menos, meus compañeiriños
a de Santaballa!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora. Axúdalle a refrescar a memoria o seu fillo, J. Manuel Bermúdez Arias.