(Unha vez) eran dous curas tamén. E había unha parroquia mala e ou/ e outra boa. E entonces un foi pa a mala e outro foi pa a boa. O que foi pa boa, chegou e fixéronlle un banquete e dixéronlle: Bueno, aquí, cando lle faga falta algunha cousa, o que lle faga falta non ten máis que decilo que,e,e (...) pero,o,o o cura que [es]tea aquí, cando faga falta auga, ten que pedila e ten que chover, e cando faga falta sol, igual. Se non o fai, xa (incomprensíbel) de vir p'aquí.
Bueno, calou a boca pero quedou alí. E o outro foi pa a parroquia mala (...)
Entonces un día xuntáronse e dixo:
-E como che vai?
E dixo o da mala:
-Vaime mal, ho! É mui boa xente pero [es]tán pobres! (Dar), dan pouco, [es]tán pobres. Non. Hei ter que marchar d'alí.
Dice:
-(Ter, quen ten) Quen fuches ben es tu! Alí é unha parroquia rica, é un sitio rico.
E díxolle el:
-Cámbioche!
-Cámbiasma?
-Camb/
-Ai pois (...) Cámbioche!Pero tu non sabes o poblema que hai alí.
-E logo, que poblema hai alí, ho?
-Hai o poblema que (...) Cando faga falta auga, teño que pedila e ten que chover. E cando faga falta sol, igual.
Dice:
-Ai, pois cámbioche eu, ho! Cámbioche, vaite pa outra qu'eu vou p'alí.
-E, como has facer?
-Eu xa farei.
E dice (...)
Bueno, foi pa boa e o outro pa mala. E alí chovía cando quería e tiña sol cando lle daba a gana e (se) non (...) nadie lle decía nada. Pero un día, chegou un e díxolle:
-Ai, señor cura! Facían falta unhas gotiñas que [es]tá esto mui seco e facían falta unhas gotiñas.
E dixo:
-Ai, eu as gotiñas non as conto. Eu hei pedir a, a chover pero si chove máis ou menos, eso si que non podo facelo. Eu hei pedir (...) que chova.
E dixo:
-Bueno, pois (...) É que [es]tá esto mui seco.
Dice:
-Bueno pois, á hora da misa, o domingo, vaia, vaia á misa porque,e,e hai que comunicárllelo aos outros tamén. Usté quere a auga pero se os outros non, hai que poñerse de acuerdo todos. Eu cando queiran (...)
E, e na misa dixo:
-Bueno, aí hai un (...) Á salida da misa espérenme, hai un señor que, que di que [es]tá mui seco e [es]tá mui seco per,o,o (...) Quere, quere auga, quere que chova.
Decía:
-Eu (...) El quería auga pero (di) unhas gotiñas, unhas gotiñas eu eso non podo regulalo (incomprensíbel)
(E dicen):
-Ai, (incomprensíbel) o demo! (Incomprensíbel) El mallouche e acabouche o grao e nós inda non mallamos e pra jodelo que (...)
E, e di o outro:
-No, (...) que a miña herba seca estendina///
E dixo:
-Bueno, bueno, cando se poñan d'acuerdo, avísanme.
E como de acuerdo nunca se puñeron (...) ((Intervención de Antonio Reigosa: Foi, foille mui ben) Amañouno fácil!
Autor/a da transcrición: e~xenio