Pois eran (...) tres curas que saliron do seminario (...) ordenáronse de curas pero (...) non había máis qu'unha parroquia. Entonces, claro, queríana os tres e os tres eran curas e salían á misma vez (...) Entonces, díxolles o obispo que, que fosen os tres a examinarse ond'el i o que, o que soupera máis que entonces, que levaba a parroquia. E foron. Foron os tres...e preguntoulles o obispo canto pesaba a luna, e canto valía el, e quen engañaba a el. E os outros non, non souperon nada, non souperon contestarlle a nada, e marcharon.
Dixo: Bueno, pois, estudiaino e volvés outro día (incomprensíbel) pa, pa volver.
E un tiña un irmau ferreiro e chegou e díxolle o irmau:
-E,e,e quen levou a parroquia?
-A parroquia non a levou naide. Terá que tela o obispo.
-E logo?
-E logo, preguntounas cousas que non, non, non estudiamos nin nunca as oímos.
-E logo, que vos preguntou?
-Preguntounos canto pesaba a luna. E canto valía el. E quen o engañaba a el.
-E que lle contestastes?
-E non lle contestamos nada.
-Non lle contestastes nada? E,e,e doce anos aí estudiando e non lle contestastes nada. I eu, aquí todo o tempo, aquí, mazando no ferro (...) Pois eu algo (íballe) dicir. Hai, hai que contestar e se vai ao reves, foi, pero non lle dixestes nada e así non podéis ganar.
-E logo, tu, e tu que lle habías decir?
-Non cho digo porque os que [es]tamos aquí traballando no campo, (téñennos) por burros. E, e se cho digo non llo dices ¿Cando quedastes de volver?
-E quedamos tal día.
-Pois, ten unha roupa limpia qu'hei poñer eu a túa roupa i hei d'ir eu porque tu anque cho diga, non llo dices.
Bueno, o día, vestiuse de cura (...) Dice:
-E tu tes que vir p'aquí, petar aquí porque si falto eu d'aquí inda han desconfiar que sea eu. E tu vés aquí, petas aquí nestes ferros e vou eu p'alí.
E foi. Chegouse, xa [es]taban os outros a,alí esperando e, e dixeron:
-E, e estudiache algo?
-Eu non estudiei nada, tuven outras cousas que facer ¿E, e vosoutros?
E nada. E dixo un:
-Ai, ho! Eu (...) e,e,e,e repasei non sei cantos libros e non, non vin nada desa cousa. Non, non vin nada.
E, e dice:
-E,e,e tu, tu estudiach'algo?
Di:
-Eu, eu inda non teño libros. Non teño libros...pero eu algo heille dicir.
E, e foron os outros e,e,e nada, saliron (...)
-E que?
-E, e, e as preguntas son as mismas. Son as mismas. Nada, nada.
E, e, e dixo o outro:
-Eu, eu xa non vou (...)
E dixo:
-(Ai) non, ir tes qu'ir que quedamos de vir. Tes qu'ir.
(Incomprensíbel)
E despois foi o ferreiro...e preguntoulle tamén canto pesaba a luna. E díxolle:
-Y la luna pesa un quilo!
-E como sabe usté que pesa un quilo?
-Ai, porque ten catro cuartos e catro cuartos dan un quilo!
Dixo o obispo:
-E,e,e terás razón. Claro.
Dice:
-E,e,e canto vallo eu?
-Usté val 28 monedas.
-E como sabes tu que vallo 28 monedas?
-Porque antes ca usté está o Papa, ho!
-Si.
-Antes co Papa estaba Jesucristo, no?
-Si.
-E pois, Jesucristo deixou 30 monedas e, e, e, e, o,o,o Papa vale unha máis ca usté. Unha menos. Vale 28. Non vale más.
E el, e, e tamén conformouse (...)
-E, terá razón.
-E quen me engaña a min?
-A usté engáñoo eu. Usté pensa que son eu o cura, eu son un ferreiro.
Autor/a da transcrición: e~xenio