E roubárona nun, nun, nunha tienda, roubaron unha caixa de figos e escaparon correndo. E despois claro, iba correndo e ás veces (...) como levaban a caixa, caían e caíanlles algúns figos e, e foron correndo (...) (E, p'onde hamos ir?) E dixo un: Pa o cimenterio que alí non vai naide!
E, e foron pero antes de chegar ao cementerio cada vez que caían, caíanlle unhos figos, pero eles non os apañaban porque tiñan medo, viñan os outros atrás (...) metéronse dentro e empezaron a repartilos. Empezaron: Dous pa ti e dous pa min; dous pa ti e dous pa min.
Entonces pasaba xente por alí e escoitaban e [es]taban: Dous pa ti e dous pa min. E, a xente escoitaba e marchaba po pueblo: Oie, hai, hai unhas voces no cementerio: Dous pa ti e dous pra min, dous pa ti e dous pra min. É mellor avisa-la Guardia Civil, a ver, a ver, a ver que hai aí. E (incomprensíbel) non se oe nada máis que dous pa ti e dous pa min, dous pa ti e dous pa min.
Entonces avisaron a Guardia Civil e, e foi a parexa pero a parexa escoitou e [es]taba escoitando e eles: Dous pa ti e dous pa min, dous pa ti e dous pa min. Pero, coincidiu que acabaron (os da) a caixa e dixo un: Ahora, tu colles/ tu colle-la tapa i eu a caixa e vamos busca-los que hai fóra.
E os guardias ((Risas)) Os guardias escaparon (...) que iban buscalos a eles.
Antonio Reigosa: Colleron medo.
Ángel Rivas Veiga: Colleron medo.
Autor/a da transcrición: e~xenio