
Era(n) dous irmaus i o pai. E [es]taban, [es]taban pobres. Entonces un día, díxolle un irmau ao outro (...)
Dice:
-Nosoutros non podemos [es]tar aquí, temos que salir polo mundo porque o, o meu sino dáme de ser un home importante, de ser rico e,e,e e na vida que traemos non é posible que podamos chegar a nada.
[E o outro]:
-Ah si, pero é noso pai, xa vai vello! Como vamos deixalo aquí?
E bueno, [es]tuveron alí hasta que morreu o pai. Morreu o pai e entonces, volveulle a decir:
-Temos que salir polo mundo. Salir a, a, a a ver que encontramos.
E saliron, e claro, [es]taban pobres e,e tiñan que ir qu'ir amañándose como, como podían. Entonces, chegaron a un cruce de, de, de camiños e díxolle o,o,o o que lle daba o sino de ser rico, dixo:
-Mira, xuntos non andamos ben porque,e,e nós temos que chegar a, a pidir, andar pedindo pa comer que os, os cartos acabámolos e entonces temos que (...) Tu vaste por aí, (i eu boto) por, por estoutro camiño. I eu hei de ser Papa en Roma e tu podes ser Rei en España.
E díxolle o outro:
-Si, vámosche, vámosche ben pa eso.
((Risas))
E macharon, un por un sitio e outro polo outro. I o que,e,e decía que había ser Papa en Roma encontrou tres chavales discutindo, [es]taban de mala hostia e tal e chamoulles a atención:
-Que vos pasa rapaces? As cousas non se amañan discutindo, as cousas amáñanse razonando ¿E que, que, que vos pasa? Que tedes? I-i-ides dar de golpes?
Dice:
-Non, é que [es]tamos facendo unhas partillas e non, non nos damos amañado.
E, e díxolle el:
-Ai, ho! Pois as partillas hai que ama/ Riñindo non se amañan. Hai que amañalas razonando ¡As partillas amáñanse ben, ho! Se é cousa que se poida devidir, dividir pois, divídese entre os tres i ao que non, pois, pois sortéase, o que lle toque pois lévao e se querés amáñovolas eu.
E claro, os outros (...) que si.
E, e dixo:
-A ver que teis que partir?
Tiña unha bolsa (...) Cantas veces metían a mau, sacaban así as monedas, e nunca se acababan. E tiña unha manta que é coma o pensamento. Púñaste na manta, a manta en tal sitio, xa estaba alí. E tiña unha corna que tocando por un lado, preparábase un ejército mui grande, e tocándoa polo outro, desfacíase.
Dice:
-Bueno, e logo pois [es]tá bon de amañar. Dei/ deixo unha cousa pa cada un.
Dice:
-Si, pero,o,o todos quiríamo-la bolsa!
Dice:
-Bueno, pois eso, pódese sortear e se non (...) Vosoutros corrés ben, ouh?
-Corremos.
-Pois, poñemos unha cousa (...) Non ves ese árbol que hai aló, a,a,ló diante?
-Non vexo.
-(Aquel)
-Si.
-Pois eu dicía salir d'aquí os tres xuntos e ir e tocar no árbol. O primeiro que volva a chegar aquí, leva a bolsa; o segundo leva a manta e o terceiro leva a corna. Se vos parece ben. O que máis corra, o (que) máis corra é, é o que (incomprensíbel) a bolsa.
Bueno. Preparounos así. Saliron os tres a correr e, e, e cando iban aló, xa, xa lonxe, colleu todo el e púxose na manta e (di): Manta en Roma! E marchou con todo ((Risas)) Bueno, chegou a Roma e mais levaba cartos e levaba todo. Pois,s,s púxose a costruír alí, unha, unha ermita. Comprou un terreno, e a costruír alí unha ermita. E costruíu a ermita e despois todos os pobres que iban por alí (incomprensíbel) mandába(n)se p'alí. (Que mandasen) p'alí e mais ben que se era a noite pa dormir ou pa eso (...) que, que os amañaba el, que, que, que os mandaran (a el) Claro, entonces todos cantos iban por alí, mandábanos p'alí. En canto os pobres, tamén, souperon que había aquelo alí, tamén iban sempre pa dormir alí.
Entonces, neses medios, morreu o, o, o, o o Padre Santo. I alí, pa, pa elegir outro Padre Santo, xuntábanse nunha plaza e soltaban unha paloma i ao (...) onde se apousaba a paloma era elegido o Padre Santo.
Bueno, avisaron por alí os que lle parecía a el e (incomprensíbel) cousa, e xuntáronse todos, e soltaron a paloma, e a paloma anduvo volando por encima e (...) pero non (...) volveu pa o nido outra vez, non se apousou. E, e dixo:
-Pois, pois non [es]tamos preparados ningún pa ser Padre Santo. Ha de haber que dar (...) máis largo, avisar máis, máis largo, que veñan máis (que non) (...)
E dixo un:
-I a/ avisastes o ermitaño?
E naide o avisara.
Dice:
-Pois hai que avisa-lo (ermiteño). Igual é el o, o elegido.
Foron avisar ao, ao ermitaño, veu o ermitaño, soltaron a paloma (...) Ala! Pousouse no ermitaño. E despois, xa quedou Padre Santo en Roma. E despois, seghiu alí de, de Padre Santo e seguiron indo os pobres alí. E cada pobre que iba, mandáballe contarlle a súa historia, por que andaba a pedindo, ou como era, ou bueno, a súa vida. E entonces, coincidiu que cheghou o irmau tamén, e non se conocían, pero ao contarlle a,a,a a súa vida, pois claro, déronse a conocer. Dice, dice e (...) Contoulle o, o, a cousa (...)
-Salimos e dixo que, qu'el había ser Padre Santo en Roma i eu que había ser Rei en España e, e, e, aínda non teño onde durmir. (Incomprensíbel) I el, tamén, non sei por onde andará.
E dixo:
-Bueno, ho, pois mira, eu son teu irmau e son Padre Santo.
-Que es meu irmau? E logo, como, como vivíamos alí logo. Como?
O outro comprobou tamén a ver se era o ermán. E así. E díxolle:
-Bueno. Pois mira tu (...)
Contoulle a historia (...) E dixo:
-Tu es Padre Santo en Roma pero eu, Rei en España, no.
((Risas))
Dice
-Pois, aí en España, se fas o que eu che mande, inda has ser.
Dice:
-E como,o,o,o?
Dice:
-Quen che faga as cousas xa haberá. O caso é, é te-lo título, ser, ser Rei. Despois, quen faga as cousas hai.
E, e díxolle:
-Mira, tu vas e levas a bolsa, e compras un terreno canto máis cerca do palacio (millor), pero un terreno grande e despois costruyes aí un palacio, se pode ser mellor que o, o, o que ten o Rei.
Dice:
-En canto empeces a costruí-lo palacio e esa cousa, xa ha vi-la princesa por alí, facerche unha visita, pero tu non lle digas nada. Tu (si te preguntan) por que fas aquelo ou como fas aquelo, tu díceslle: El que tiene y puede, hace lo que quiere aunque el rey no quiera. E non lle digas máis nada. Non lle digas, porque se, se llo dices a (...) entonces quítanche a bolsa e (...)
E bueno, el foi. Comprou o terreno, buscou todos os albañiles que había por alí (en costruír o, o palacio). E entonces, logo veu a princesa por alí, como facía aquelo.
I decía el:
-El que tiene y puede, hace lo que quiera anque el Rey no quiera.
-Ya lo sé hombre, pero (incomprensíbel) mi padre no puede hacer eso. No.
E, e invitouno a dar un paseo. (Bueno) foron dar un paseo e el, el non lle dixo nada. Pero do outro día volveu, e do outro día volveu e así fixéronse algo amigos e, e claro, contoulle a, contoulle a historia/ Bueno, el amañou de xeito que (botoulle) na bolsa e ao botarlle na bolsa, claro, quedou sin cartos e parou a obra. E, e claro, foi pa onde o irmao outra vez, que lle pasara aquelo e que (...)
-Bueno, ho, bueno, non fas o que che mando eu, non hai Rei en España. Inda teño máis cousas, oh, pero non fas o que eu che mando e non ha/ no, non has ser Rei.
E, e díxolle da manta. Dixo:
-Mira, aho/ ela ten a bolsa. Tu levas esta manta (...) Seguís salindo por aí de compañeiros (...) Seguían andando por aí nas voltas (...) E leva-la manta e ao que vos poñáis na manta cando que (salís) e estende-la manta e, e, e, e merendás e facés o que queiráis alí (...) E entonces tu (levai) contigo dille que sempre que leve a bolsa, que tes que comprar ou que tes (incomprensíbel) que tes que leva-la bolsa, e ao que [es]teais na manta, di que manta en Roma, e vides p'aquí e xa vos caso eu aquí.
E, bueno, foi e, e, (...) Iba por alí e (...) ca manta e ás veces iban pero non daba axeitado de, de, de poñerse na manta, que a bolsa levábanna pa (gastar) e pa esa cousa. Pero, dunha vez conseguiu que [es]taba na manta pero en vez de decir: Manta en Roma, dice: Manda na pena Roma!
E presentáronse no pico dunha pena ((Risas)) ¡E non había por onde baixar!
Entonces el:
-Pero, como, como viñemos p'aquí ou como (...) e ahora por onde hamos baixar que non (...)
E, e [es]tuveron alí aínda pero el díxolle o, o conto da manta (...)
-E, pois, deitámonos a dormir aquí (incomprensíbel) Por onde baixar non hai!
E deitáronse alí pero el adormeceu e a outra foille quitando a manta e dixo: Manta no palacio! E deixouno no pico da pena. E despois claro, o home veuse (jodido) que non tiña por onde baixar, non tiña (...) E despois quedou, quedou sin manta e bueno, non lle quedou máis remedio ca volver pa onde o outro e díxollo (...) Dixo:
-Non vas ser Rei en España. Non vas ser Rei en España porque non, non fas o que eu che mando. Inda queda outra cousa pero, pero se non fas o que che mando, no, non quedan máis, non.
Bueno, dixo:
-Hai aquí esta corna. Tocando por este lao ármase un, un ejército mui grande, tocando por este outro, desfaise.
Dice:
-Entonces, levas a corna. Heiche dar eu cartos pa unhos días pa, pa sigui-la obra, pero en canto te vexan na obra, xa primeiro hanche (incomprensíbel) a Guardia Civil, pa quitarte d'alí. Pero,o,o tu,u,u tocas un pouco a corna e a Guardia Civil xa marcha. Pero despois ha vi-lo ejército, [han]che manda-la tropa, e tu toca-la corna por este lado e rechazas todo. Entonces xa ha vir el a ver, a ver como, como, como, como (fase) tu pa ter tanta xente, pa, pa, pa xuntar tantos (e tu) e quedan atemorizaos. Entonces tu non lle digas (no) deso que senón vanche (botar) na corna tamén, entonces acabouse todo.
Entonces, dícelle que traiga a corna e a manta que se non, que vas tira-lo palacio e que vas arruinar todo.
E, e bueno, el foi pero o Rei mandou a, a, a tropa e en canto veu chegando, toca el a corna ((Risas)) e todos p'atrás. Entonces, despois, claro, volveu ela e, e empezaron por alí de tal e dixo:
-Bueno (incomprensíbel) [es]tás, trae a manta e a, e a, i a bolsa que se non a,arruino todo.
Pero foron por alí dando unhas voltas e que sei eu (el [es]taba algo enamorado) ((Risas))
E, e trataron de casarse e tal pero o que fizo ela foi botarlle na corna e despois acabouse o belén. E, e despois volveu pa onda o outro. Dixo:
-Eu veño (...) Tenme como un obreiro teu. Págame un sueldo e eu como un obreiro teu que eu xa non, non (vallo) pa eso, non.
Dice:
-No, ahora tes que estar aquí traballando, traballando que (...) Acabaches con todo.
E bueno, botou unhos días (aquí) traballando pero el dáballe os peores traballos que tiña. Entonces tratou de que marchaba d'alí, que non (...)
Díxolle:
-Mira, se fas o que eu che mande (...) Pero, xa non o fas. Se fas o que eu che mande, habíamos mirar a ver se botábamos neses, neses aparatos (...) E se botábamos na corna e na manta e neso pero tu non has facelo.
-Ai, ahora facíao! Ai, agora si que o facía (...)
E díxolle:
-Mira, levas aquí, hai aquí un cestao de figos e vas a vender os figos. Como aínda non é tempo de figos nin eso, hanchos comprar. Vas por alí e saes por diante do palacio, en canto (...) Vanche a comprar figos e véndesllelos.
E, e púxolles o precio.
-Pídelle ben por eles porque se son baratos non chos compran. Que, que (...) Pero que son uns figos de importancia, que son tal e entonces el como ten corna non lle importa ou como ten a bolsa non lle importa.
E deulle o precio que tiña que pidir e todo. E foi, por diante do palacio (...) Higos frescos! Higos frescos! Higos frescos de Palencia!
E, ala! Saliron deseguida a comprarlle os figos e levaron os figos.
E dice:
-E despois desque venda-los figos, veste p'aquí.
E foi pa onda el e, e claro dicía:
-E que fixen con eso? E quedei sin fighos tamén!
Pero despois, cada figo que comeran, salíalles unha figueira na cabeza. E poñían, poñíanse todos cas figueiras na cabeza.
E, entonces, por alí deuse en correr que o, o, o (...) A familia real [es]tá toda cunhas figueiras na cabeza! E veña médicos, e veña (...) Non sabían que era aquelo nin (...)
E, deixouno botar así unha temporadiña. E despois díxolle:
-Mira, aghora, aí [es]tá o truco. Hai que quitarlles esas figueiras. Os médicos non saben quitalas porque non as quitan máis que esto que che vou a dar eu. Dice: Vas...alí, ao jardín (o panadeiro) ao jardín, e empezas a coller alí unhas herbas pa que chamarlleis a atención de que a ver que fas alí. E dis qu'es médico, qu'es médico e que [es]tás alí solucionando a ver se hai unhas herbas que [es]tás buscando e esa cousa. Entonces hante invitar a mirarlos (...) as figueiras.
E entonces deulle un botellín e di:
-Con esto úntaslle así ao redor e xa, xa, xa, xa cae a figueira. E quitásllelas a todos menos a ela, eh! Ela a última xa (...) Ha querer a primeira pero tu non lla quites. Tu quítallos a todos menos a ela. En canto quede ela sola (...)
Dícelle:
-Bueno, a ti quítochos tamén pero tes que trae-la manta, e a corna e a bolsa e poñémonos na manta e, e entonces quítochos (a ti) e se non, quédaste con eles, non (...)
E entonces, ela, claro, non quería pero tampouco quería quedar cas figueiras e poñéronse na manta e dice: Manta en Roma!
Entonces casounos e xa foi Rei en España.
Intervención de Antonio Reigosa: E acabou o conto!
Ángel Rivas Veiga: Acabou o conto!