Pois era un,n,n un matrimonio novo ¿non? e, e el marchou pa Suíza, pa/ a ganar cartos, claro. E deixou a muller en esta[d]o e o cura enterouse de que quedara en estado e entonces díxolle:
-E, e, e marchouche o, o, o rapaz, oh!
-E marchou, vai en Suíza, vai ganar algo. I despois tamén puido botar unhos días máis ¡E quedoulle os ollos ao pequeno sin facer!
-Como (incomprensíbel) os ollos? (...)
-Si. Quedáronlle sin facer. O pícaro naceu sin ollos. En (incomprensíbel)
-Ai, entonces, entonces hai que chamalo, que veña (...)
-Ai, non lle deixan que leva un contrato e mentres non acabe o contrato non, non lle deixan vir.
-Bueno, (incomprensíbel) pícaro sen ollos (...) Vén por alí a ver se podemos amañar e facerllos e, e (...)
E fíxollos o cura. Fíxolle os ollos e entonces saliu o pequeno moi ben cos ollos, moi (regalados) e todo. I ela, claro, non dixo nada, pero cando veu o home, díxolle:
-Mira, cando (...) claro, nosoutros non sabíamos cando marchache e quedáranlle os ollos ao pícaro sin facer!
-Como lle quedaron os ollos?
-Si, quedáronlle! E se non é o cura, nace, nace o pequeno sin ollos!
-E logo o cura que?
-O cura,a,a,a fíxollos e, e, e (...)
Bueno. Dice:
-Ai, pois mira que tuvemos suerte que se non [es]tá o cura!
((Risas))
E entonces o cura tiña unhas cabras e vai o rapaz e quitoulle-los ollos ás cabras. E despois foi á misa e entonces o cura predicou na misa que había malhechores que lle quitaran os ollos a súa hacienda, i el botou pola igrexa arriba e (incomprensíbel) dixo:
-Mire, señor cura! E usté que sabe face-los ollos aos pequenos ¿por que non llelos fai ás cabras tamén?
Autor/a da transcrición: e~xenio