5-10 minutos foron os que me dixeron que podía falar, de todos modos eu, cando se me chamou para, para falar deste tema, pensei que en esto de Literatura Oral, eu poucas cousas podía comentar e o único do que podía falar, loxicamente, ten moito que ver c'a miña labor, un pouco o que di Antonio, c'a miña labor como bibliotecario-arquiveiro. I como esa labor de bibliotecario-arquiveiro, pues é o único, eso, como impulsor dende a biblioteca i dende o arquivo, para facer cousas un pouco con idea de que perduren no tempo.
I eu lles vou a contar, o más brevemente posible, un pouco a historia de Cátedra, a historia da nosa revista. Non pretendo ser pretencioso c'as miñas palabras, nin con esto decir que a revista sexa o más importante divulgador que temos cultural da nosa vila, pero, si non o más importante, un dos más importantes.
Eu chego a Pontedeume no ano 1988 i chego para ocupar, en principio, dunha forma interina, unha plaza de, de bibliotecario por 6 meses, que logo se prolongan outros 6 i logo, ao final, contrato xa dun ano. En esos primeiros anos, cando chego a Pontedeume, unha das cousas que se me pasa pola cabeza, pois eu son licenciado en Historia, unha das cousas que se me pasa pola cabeza, primeiro é impulsar, loxicamente, o que unha institución tan importante como é unha biblioteca i, posteriormente, o arquivo. Pero sabía que as dúas cousas non as podía facer i, polo tanto, me volquei más na biblioteca nun primeiro momento.
Eu, pasaban, pasaron 2-3 anos, xa cando a biblioteca iba funcionando un pouco, se iba poñendo ao día as cousas, a xente empezaba a entrar i a facer uso do que era, do que era a biblioteca, se me ocurriu poñerme en contacto con persoas da localidade para intentar facer un fondo local na biblioteca. Un fondo local que penso que é o que vai a quedar i perdurar, ao cabo dos anos, pois como teño dito moitas veces, os libros de Castelao, os libros de Lorca, os libros de Alberti, calquera desos libros os pode haber en calquera biblioteca do mundo, pero as cousas que se fan en Pontedeume, dende un artigo da revista feita aquí, un, un libro...fotografías, prensa etc. teñen cabida en ese fondo. I, si a biblioteca ou arquivo, non é o encargado de salvagardar todo eso, pois estamos perdidos.
Entón entrei en contacto con profesores de, de Pontedeume, dos institutos, i unha das ideas que tivemos foi o de plantexar a creación dunha revista...a revista Cátedra. Loxicamente ustedes poden pensar que levamos trinta e pico anos de democracia, dos cales, a Biblioteca Pública Municipal de Pontedeume vai a cumplir, o vindeiro ano, se non me falla a memoria/ son 35 anos. 35 anos dunha institución non é nada. Absolutamente nada. É decir, a biblioteca non existía en Pontedeume. Existiu unha primeira que era en/ de Educación y Descanso donde está Sindicatos, diante avenida Lombardero, frente ao xardís. E aí, foi o primeiro xermen coñecido de existencia dunha biblioteca con unhos certos, cun certo tempo, unhos anos, coa súa inauguración e funcionou unos anos pero despois desapareceu, i hasta 1978 que se funda a actual, non volve haber biblioteca. Pero ustedes saben que as bibliotecas existen dende moi antiguo, non é unha cousa d'ahora. Podíamos falar da famosa Biblioteca de Alexandría/ I os arquivos tamén. Van/ son co/ digamos c'a civilización, os arquivos i as, i as bibliotecas, dende que existe a, a, a escrita, puis, aí está. Pero nosotros solo temos 35 anos de biblioteca, na máis. Sin embargo a nosa historia ten sete séculos, más de sete séculos. Entón, a min, se me ocurriu poñerme en contacto con esos profesores i, unha das cousas das que falamos era por que Pontedeume con tanta historia que todo o mundo, loxicamente, fala dela i sabe moitas cousas dela, pero por que con tanta historia, Pontedeume non podía ter unha revista que como outras vilas, pero non moitas, tamén a tiñan. E,e,e sempre lle dixen aos meus compañeiros que no podíamos esperar que cada equis anos, cada moitos, saíra un Antonio Couceiro Freijomil a sacar unha Historia de Pontedeume. É a única que temos, é a única, a única Historia antes de empezar Cátedra i a única Historia que temos. Entón, no podíamos estar esperando equis anos, 30-40 ou 50, por a ver se aparecía outro historiador que fixera algunha nova Historia de Pontedeume. Polo tanto, a ocurrencia, (que) parece mui elemental, ten a base, está aí. É decir, temos que poñer mas á obra para facer unha revista na que teña canle todo o mundo, investigadores, i sacar á luz toda esa Historia de más de sete séculos que ten a nosa vila. I así nace Cátedra.
Cátedra nace no ano 94, i tamén, lles teño que decir a vostedes, que pa o ano que vén cúmplense vinte, vinte anos, o vinte aniversario, i tamén, son só vinte anos dunha revista. Non é nada absolutamente. No sei o que pode durar esta revista ou no, pero non é nada, absolutamente nada. Pero é fundamental que as vilas, que os pobos, sobre todos os pobos ca historia que temos nós, non deixen de ter este tipo de publicaciós i un exemplo se deu aquí a través de moitos investigadores, que estades hoxe na sala, i que poide/ puidéchedes publicar nesta revista i que seguiredes publicando durante moitos anos. O nome da revista sabedes/ todos sabedes que o edificio da Cátedra de Latinidá é o edificio onde está a biblioteca. Ese edificio, un edificio histórico, un edificio civil, que foi cedido por don Juan Beltrán Anido en 1580 para cesión para a escola, para Cátedra de Latinidá. Aí estudiou o noso ilustre arzobispo i de todos coñecidos en toda Galicia, o arzobispo Raxoi.
Unha vez que xa decidimos facer esta revista, poñer/ ponela en marcha i darlle ese nome, se nos ocurriu ver que diseño íbamos a ter para esa revista, que, que tipo de formato iba ter. O más importante, más que o formato-tamaño, era, á parte da, do nome que xa digo de onde sale, era a cabeceira. A cabeceira como todo periódico, revista ou publicación periódica e mui importante i se nos ocurriu chamar a un artista local, un mestre e neste caso un dibuxante eumés que era Noli Vilariño. Noli Vilariño diseñou esa cabeceira donde aparece, i esto é unha curiosidade, que ao mellor ustedes non o saben, unha, unha especie de, de ollo, de ollo no que, á súa vez, ten como catro furados i un no centro. Eu, nunca souben de donde salira eso i llo preguntei a, a Noli, por eso llo quero comentar, unha anécdota/ Era unha pedra, unha pedra que hai nas rúas de, de, de Pontedeume i que ten un formato con esos catro furados i un no centro, así. Eu non sei si foi un sumidoiro en algún momento, non teño nin idea. A el lle chamou moítisimo a atención, o que si é que o enmarcou nunha especie de ollo que é o que vai na parte superior/ Logo o nome, Cátedra. Revista eumesa de estudios i nos laterais, loxicamente, os escudos da Cátedra de Latinidade. Esos escudos que sempre saen na revista xunto ca cabeceira. O resto si variou i llo comento agora mesmo.
(Ben) cal é o que se pretende con Cátedra? Loxicamente pois non é más que o que acabamos de ver. Ver cantidá de xente que a través dos anos, xa van para vinte, están mirando nesos fondos documentais, non só do arquivo municipal pero si do arquivo municipal, de gran riqueza, loxicamente, i de outros arquivos, i de outros arquivos, i da biblioteca tamén.
A nosa referencia cando fixemos esta revista, ao, ao comezo de todo/ Loxicamente, non inventamos nada novo. Había unha revista en unha vila, que ten moito que ver tamén con nós, con esta vila, que é Betanzos i, había un Anuario Brigantino. Ese anuario, loxicamente, estaba aí. Loxicamente, o anuario tampouco/ o sea, non é invento actual, era un invento que viña d'atrás i, e/ pero retomado polo actual arquiveiro i esa revista xa levaba funcionando/ Bueno, pois aí, un pouco nosoutros nos víamos nese tipo de revista para intentar sacar á luz toda esa documentación, esa valiosa documentación que está nos papeis dos arquivos, do Arquivo Municipal de Pontedeume.
Investigar, polo tanto, era o que había que facer i había que chamar a todo o mundo a que participara. I así foi i empezou a súa andaina participando/ en principio foran aqueles 10 primeiros traballos de esta primeira revista i hoxe, despois de case vinte anos, repito, son dazanove en este momento/ Son, en este momento, más de 230, me parece, artigos publicados sobre historia, arte, xeografía, etnografía de Galicia/ de Galicia, perdón, de Pontedeume e da súa comarca.
Xa/ Solo comentarlles un par de cousas importantes respecto á, á nosa, á nosa revista. Dúas cousas importantes. No vou a facer, logo fago unha valoración pero/ A revista tivo, ao longo destos 19 anos, digamos tres, catro, cinco, seis fitos de interés que ustedes poden recordar algúns. O primeiro deles é que no ano 96 sacamos/ saca a revista unha monografía sobre Caaveiro, no nº 3 ¡Tremendo! Porque en aquel terceiro ano da revista, sacar un monográfico como foi aquel, foi todo unha, unha cousa increíble. De feito foi un éxito porque se esgotou rapidisimamente. Se publicaron aí, loxicamente, o éxito estaba no solo na monografía, sinón na, na publicación do tumbo de Caaveiro, de todos os documentos que logo continuaron no tomo nº 4. No ano 96, o monográfico. Ese foi o primeiro fito, digamos, así de interés, aparte do que/ da publicación que se iba facendo tódolos anos.
O segundo fito importante foi que no ano 98, o consello da redacción da revista, crea, traslada ao Concello a creación dun Premio de Investigación en temas etnográficos i, i a partir dese ano 98, cando empeza ese premio, xa leva 14 anos, algúns anos quedou deserto pero a partir dese ano publícase, sempre que hai o premio, nesa/ na revista como un apartado especial de, do premio.
O segundo, o segundo fito importante, por chamalo dalgunha maneira, foi tamén en ese mismo ano 98 e foi unha exposición que non sei si se lembran ustedes que ten que ver, que tiña que vez co patrimonio desaparecido en Pontedeume. Esta exposición fora todo un éxito en Pontedeume. Esta exposición foi unha exposición mui visitada e realmente aquí foi tamén un fito moi importante porque aquí se recuperaron cousas sobre o patrimonio desaparecido de grande interés para a historia da nosa vila.
O terceiro fito importante, podíamos decir, dentro de estos 19 anos, foi no ano 2003 cando se cumplían 10 anos da revista, i foi o Primeiro Encontro de Historia Local que se fixo en Pontedeume sobre historia local de Galicia. Esto tamén foi un fito muy importante, se reuniron aquí un montón de xente para falar de historia local que, a fin de contas, é a historia que nós pretendemos divulgar, a historia máis cercana aos cidadanos.
O cuarto sería o ano 2004 i o volumen 11 da revista que/ O importante é que este ano, namais era porque/ Primero, salía un índice de todos os traballos publicados hasta o número 10 i no 11 hai un cambio no que é o deseño da revista. Como era/ empezamos outra década dixemos: vamos a darlle un cambio na/ á revista, algún cambio distinto i o cambio non veu da cabeceira, loxicamente, o cambio veu, si se fijan, aquí había sempre unha franxa que dividía as dúas partes, a ilustrada da cabeceira i a partir dese momento cambian, son dos tonos distintos que se dan na revista, en todas elas, i logo no interior, tamén, se fai unha especie de remarque na parte superior en tonos grises. Ese foi o cambio que houbo i o segundo, digamos o cuarto/ cosa vamos a chamar de interés nos cambios destos 19 anos.
O número quinto foi/ Perdón o quinto fito importante ou interesante foi no ano 2006 co ano/ co múmero 13/ unha monografía que se publica sobre a II República. Logo no ano 2010, perdón, perdón, no ano 1900/ xa me estou confundindo (...)
Logo sería un sexto fito i xa pa rematar, esta, estos acontecimentos digamos que foron cambios ou/ i cosas de interés na revista/ Dende o ano 2010, non é un fito pero é algo interesan/ importante, i é que/ a revista cólgase en internet a través da páxina web do Concello i pode ser consultada, incluso descargada, dende a revista, dende o número 7, faltan as primeiras todavía pero desde o número 7 pódense descargar todos esos traballos que están aí publicados i pódense ver/ é decir, tod/ todo o mundo ten acceso a estas, a estas, a estos traballos.
I xa pa rematar, decirlles que esta revista ten/ si algo ten de interés é que é unha revista que se intercambia/ digamos, divulgamos a nosa historia local a través dos intercambios. I son más de 250 instituciós, de toda Galicia i algunhas, mui poucas, de Portugal i algunhas do resto do Estado pero, digamos, maioritariamente, o noventa e moitos por cento, se intercambian con instituciós que poden ser desde arquivos, galegos; museos, todos, desde os provinciais, os más importantes i as bibliotecas más importantes, universitarias i municipais aparte de instituciós privadas, tamén. Más de 260 revistas, tódolos anos van a parar a esos lugares, aparte dalgunhos ciudadanos da vila que tamén nolo piden fóra de/ que están fóra de Galicia i que, si sabemos que teñen interese, tamén se lle envía. Eso é un esforzo mui grande pero que é unha cousa mui interesante.
Xa pa rematar, unha valoración que quero facer i que non me debía de corresponder a min pero eu volo digo. Penso que a revista Cátedra, i que larga vida para ela/ no quixera ser pretencioso co que vou a decir pero 20 anos, repito, son mui poucos, 35 anos de existencia da biblioteca son mui poucos pa unha institución. A valoración que se faga de todo, de todas estas labores i todas estas cosas, será en un futuro pero o que si está claro é que en estos 20 anos, i repito, non quero ser pretencioso, Cátedra, eu penso que xenerou unhas sinerxias ca población, cos investigadores, con todo tipo de xente hasta o estremo que si ustedes se paran a mirar todo o que desde o primeiro número de Cátedra ata a actualidá, ata este ano, se leva publicado en Pontedeume, no creo que en moitas vilas de/ en torno 8.000 habitantes, 8.600, aínda que nos gustara ter 10.000 ou 15.000, son 8.600, teñan tal cantidá de publicaciós feitas, digamos, no solo Cátedra, que Cátedra repito, tampoco tódolos Concellos teñen unha revista de este tipo, pero digamos que Cátedra, penso e repito, non quero ser pretencioso con eso, pero penso que creou unha especie de/ i aí están/ de feito hai historiadores que publican en Cátedra, que están vinculados a Cátedra desde o primeiro momento, que forman parte incluso algús deles do consello de redacción, i aí están esos libros que van saíndo, digamos, i que falan tamén da nosa historia pero que penso que unha das, das, dos motivos é a revista en si mesma, o intentar remover que a xente intente sacar todas estas, estas cosas que pode facer pa fóra, é decir, historiadores, profesores, i esto penso que é, i ao meu parecer, pode ser unha das consecuencias de que en estos anos, repito, non solo Cátedra sino exista un bo número, un bon feixe de publicaciós en Pontedeume sobre temas mui diversos.
I xa, sin más, pois eu agradecerlles a, á Asociación de Escritores en Lingua Galega pois, en nome de, digamos, da biblioteca i en nome de Cátedra, pois que me deixaran pois describir dalgunha maneira, mui brevemente, esta pequena historia de 20 anos da, da revista Cátedra.
Autor/a da transcrición: e~xenio