Antonio Reigosa: Foi mariñeiro. Sigue sendo mariñeiro.
Lolo Placer: Fun mariñeiro. Por que no?
A. R.: É maquetista/ E decir, é un home activo, por tanto, vivo/ E facendo cousas/
L. P.: Bueno, hai está Lucía e mais Xavier que o poden decir (incomprensíbel)
A. R.: Eu quería que nos contara un pouco/
L. P.: Un pouco de que? Fala.
A. R.: Da, da súa memoria de/
L. P.: Da miña memoria/ Do meu ordenador? ((Bota a man á cabeza))
A. R.: Do que queira.
L. P.: A ver. Mira/
A. R.: Eu renuncio/
L. P.: Preghunta.
A. R.: Do que queira.
L. P.: A ver.
A. R.: Vostede ¿cando empezou a traballar no mar? Cantos anos tiña?
L. P.: Cantos anos tiña? 9 anos.
A. R.: 9 anos. ¿E xa se foi a facer que ao mar? Adónde pescaba, que tipo de embarcación levaba?
L. P.: Bueno, empecei a andar ao mar con meu pai, meus abuelos foron mariñeiros tamén, meu pai e meus hermanos/ Empecei a andar con meu pai. Cando empecei ao mar (...) éramos chavales de 9 anos, outro tiña 10, outro tiña 11...e empezamos (tendo) un remo, e meu pai con dous, un a un lado e outro por outro. E así empezamos.
A. R.: A que, a que andaban?
L. P.: Andábamos...a todo, ao que houbera.
A. R.: Pero, por aquí, ao redor?
L. P.: Si, por aquí cerca (incomprensíbel)
A. R.: De día.
L. P.: Si. Aquí pola ría, sempre.
A. R.: E daquela ¿que pescaban?
L. P.: Que pescábamos?
A. R.: Que era o que máis pescaban?
L. P.: Non pescábamos nada porque non podíamos co aparello ¡Que coño íbamos a pescar si andaba máis ca!/ Había cantidá de peixe, si, pero era un aparello que (incomprensíbel) andabas tirando así ((Acenos)) (Nosoutros) non podíamos co aparello e o peixe entraba e salía como lle daba a gana. E collíamos aquel que quedaba tonto, que non podía correr moito, pois collíamolo. E así.
A. R.: Pero ¿que peixes collían?
L. P.: Eh?
A. R.: Que peixes viñan?
L. P.: Bueno, o peixe que non hai hoxe en día. Porque aquí a,a,a,a o río Eume...a desembocadura do río abastecía, abastecía a ría de Ares, principalmente, de camarón e lenguado. Aquí se criaba de todo. Hoxe nada, hoxe xa non se cría nada porque está completamente envenenado. Está envenenado o río e mais nosoutros, tamén.
Mire, che vou contar unha historia do río/ Queres que a conte?
A. R.: Por suposto.
L. P.: Mira: O Eume nace na serra do Xistral, chegha ás Pontes trasparente como o cristal, alí é maltratado, cheo de merda e contaminado. Logho vén saltando e correndo polos montes de Caaveiro e chegha a Puentedeume sin vida. Un río que foi de troita, reo, salmón, ameixa, (incomprensíbel) e mexillón, hoxe é unha cloaca de contaminación. E para máis encima, aínda, estamos bebendo os mexos das Pontes, aínda que a moita xente non llo parezca.
A. R.: Aí é a onde quería chegar eu, pero non me contou o principio.
L. P.: Arre coño!
A. R.: Aí é a onde quería chegar.
L. P.: A min me gusta deci-la verdá/
A. R.: Agora está mal, mui mal.
L. P.: O que?
A. R.: O río.
L. P.: Tamén estamos nosoutros e mais calamo-la boca.
A. R.: Bueno, igual tamén é certo. Eu quería que/ según os meus cálculos, vostede tiña 9 anos, na década dos 40, 10-11 atá 20 etc. E daquela, ese río, esa, esta ría/
L. P.: Da ría, da ría de Pontedeume/
A. R.: Estaban limpas?
L. P.: Estaban limpas, claro que si que estaban limpas.
A. R.: Había peixes/
L. P.: Había peixes en cantidá (...) Aquí a desembocadura, xa llo dixen antes/
A. R.: Agora que hai?
L. P.: Merda! Veneno! Que coño vai haber ahora se está toda envenenada! Hasta nosoutros estamos envenenados e Pontedeume é un pueblo enfermo, coño!
A. R.: Entón ¿que pescan eses que andan pola ponte aí polo vrao?
L. P.: Pa que pescan? Pa pasa-lo tempo.
A. R.: Non pillan nada.
L. P.: Que van a pescar se non hai nada ¡Coño! Nada más que catro muxes así ((marca a lonxitude coas mans)) por aí, que/ Como os (gitanos)/ Quedáronse aquí (incomprensíbel) e non hai máis.
A. R.: Bueno, entón, ¿que habería que facer, a ver?
L. P.: Dime.
A. R.: Que, como hai que solucionar eso?
L. P.: (Incomprensíbel) Que lle hai que facer? Que remedio ten?
A. R.: Si, pa limpa-lo río/
A. R.:Pa limpar todo.
L. P.: Mira, che vou empezar por Puentedeume...Puentedeume necesitaba 3-En-Uno.
A. R.: 3-En-Un?
L. P.: Si, é que é verdá. Pa poñela a andar. Porque un pueblo conformista, destructivo e egoísta non vai a ningunha parte.
A. R.: Hai moita xente de Pontedeume aquí. Aviso.
L. P.: Aquí todos somos/ Que eu son de Puentedeume tamén ((Risas do público)) Eu nacín aquí en Pontedeume, chico. Pero a min gústame decir/
A. R.: Si, si. Siga, siga, siga, siga.
L. P.: Me gusta deci-la verdá. Me gusta decir/ Me gusta decir por onde pasei. Ti vai ca verdá polo mundo adiante e vas a calquera parte. Si vas ca mentira, non te movas ¡eh! que non vas a ningún sitio que tamén te descubren enseguida porque cae máis pronto un tramposo que un coxo. E a min, nunca me colleron en ningunha mentira. A verdá, aínda que moitos torzan o bico (Lle vou a empezar a) preguntar a esta xente d'aquí (incomprensíbel) que me parece que son de Puentedeume: onde vai a plaia dos Eumeses? (Silencio entre o público) A plaia dos Eumeses, que tíñamos unha plaia de 500 metros ¿Onde vai? ¿Onde vai o millor banco marisqueiro de Puentedeume que estaba/ alí onde está ahora esa famosa farola/ Que era o millor marisco de Puentedeume, eu anduven a el, eu (incomprensíbel) no marisco tamén.
Alí se sacaba de Puentedeume/ Decían os compradores: o millor marisco que sale aquí de Galicia, é o de Puentedeume, ameixa fina e ostra ¿Onde vai o banco marisqueiro? ¿Pa onde o mandaron? A plaia de Cabanas ¿Que fixeron aí? Porque dá asco ver eso ¡eh! Eso dá asco velo ¡eh! ¡500 metros de plaia que destruíron! Que fixeron? Unha Costa Brava onde non se pode baixar nin subir. E ao mismo tempo (...) destruíron a plaia e destruíron o banco marisqueiro.
Aquí Puentedeume tiña unha industria/ Esto é do que vamos falar ¿no? Eu quero falar anque haxa que torza o bico todo o que lle dea a gana pero é verdá, hai personas que me están mirando pa min que estou decindo a verdá. Verdá? Moi ben, como ti moitos máis ¿non? A min gústame deci-la verdá. Aquí/ Pontedeume tiña unha industria do marisco onde os meses máis críticos de inverno, pois se empleaban aquí unhas 400 personas. Seis meses de inverno, (os) máis críticos. (Decía) o pueblo como se nota que se vive do marisco ¿verdá? que a xente gasta...Eso se acabó. Eu contei (incomprensíbel) 100 barcas por mar, á ameixa e 3 a 400 personas por terra, homes e mulleres á ameixa e ao berberecho. Hoxe, andan 10 barcas e 10 mulleres (...) Eso é donde cheghamos nosoutros aquí, á destrución de todo. Por eso dígholle, Puentedeume necesita un 3-En-uno (...) pa poñela a andar pa diante. Eso foi a destrución da xente. Non se destrueu el solo, en por si. Destruímolo nós.
A. R.: E ten remedio? Según vostede.
L. P.: Se ten remedio esto? No. Esto non ten máis remedio. Se acabou ¿eh? No.
A. R.: Non ten solución?
L. P.: No. Esto non ten solución. Aquí salían centos de toneladas de berberechos, d'aquí de Puentedeume. Ahora (incomprensíbel) non se ve un. Eu anduven a eso: berberecho, ameixa, ostra e todo eso. En dúas horas debaixo da ponte de ferro coller 8.000 ostras. En dúas horas/ Ostra fina ¡eh! Porque (quen a compraba) non quería máis. Nola pagaba a peseta cada unha. Non quero máis, moi ben. Despois veñen de Miño, que era donde tíñamos (...) collíamos alí 8.000 ostras/ Eu págoas a peso! Pois o que dea máis. A peso. Foi unha estafa, tamén, que estaban facendo con nosoutros porque os demás non sabían que había esa ostra alí (...) (Eran) oito días, non querían máis, pois bueno. Pero se acabou.
A. R.: Está contando unha (incomprensíbel) mui importante para darse conta que en mui pouquiño tempo, onde había unha produción inmensa, hai/
L. P.: (Por eso me pregunto eu) Puentedeume avanza ou vai p'atrás? Vai p'atrás ¿verdá? Por terra, mar e aire. No, hombre no, non pode ser. Se hai que botarlle un pouco de 3-En-Uno pa que vaia pa diante ¡coño! ¡Que é unha máquina, quedou enferruxada aquí!
A. R.: Aceite non máis, eh!
L. P.: Eh?
A. R.: Digo que o de 3-En-Uno é aceite ¿non?
L. P.: Si, si. O que seña. O que seña. Pero facela andar pa diante, chiquillo. Hai quen me está oíndo porque/
A. R.: Vamos a ver.
L. P.: Dime.
A. R.: Vostede, non sei se vai á plaza de vez en cando ou pasa por alí ou no/
L. P.: Pola plaza do mercado?
A. R.: Si.
L. P.: Poucas veces.
A. R.: Poucas veces.
L. P.: Pouca porque o olor de pescado xa me fai mal (...) O olor do pescado cando non vén fresco.
A. R.: Pasouno mal no mar algunha vez?
L. P.: No mar?
A. R.: Algunha vez? Digo, apuro, medo. Nunha situación/
L. P.: Hai un papel escrito, aí, que (llo) podes ler ao público/
A. R.: Non me deu tempo a lelo enteiro pero/
L. P.: Non che dá tempo. Si que che dá. ¿Telo aí? Aquí está.
A. R.: Si. Si.
L. P.: Lee aí ao público pa que se entere por onde pasei/
A. R.: Cónteme. Cónteme. Cónteme.
L. P.: Eso, eso na máis que foi o 20%, eh! do que está escrito aí ¡Se che fora o 100% moito había que escribir!
A. R.: Pero cónteme algunha desas situaciós.
L. P.: Algunha desas situaciós?
A. R.: E que non nos dá tempo a conta-la vida enteira. Non nos dá tempo. É unha pena pero non nos dá tempo/
L. P.: Pero ti me dixeches antes que inda que estemos aquí hasta as 12 da noite/
A. R.: No, pero/
L. P.: Vamos, vamos a falar algo de todo esto que nos traen aquí a cena.
A. R.: Vale, cando nos avisen pra cear, paramos ¿vale?
L. P.: (Bueno)
((Risas))
A. R.: Cónteme algunha desas situaciós.
L. P.: Si. As situa/
A. R.: Eu queríalle preguntar polo da plaza pero si non vai e non o podemos facer, é simplemente/ Eu pasei esta mañá pola praza de aquí e vin un peixe determinado.
L. P.: Un peixe determinado/
A. R.: Eu quería que me dixera/
L. P.: O que vas a ver ahora aquí na plaza d'aquí, do noso mercado, vai ver peixe da Coruña.
A. R.: É difícil de entrevistar, este home!
L. P.: Pero peixe, peixe fresco d'aquí, non ves ningún/ Porque non o hai.
A. R.: Eso é o que quero que conte.
L. P.: Antes, antes, si se vendía aquí cantidá de pescado aquí en Puenteume. Cantidá de pescado se vendía, tódolos días pero durante o día porque viña o boliche/ Porque tocaban a bugina, xa a xente sabía (incomprensíbel) Tres buginazos (imita o son), sardiña. (Imita o son dúas veces), bocarte. Unha pitada, xurelo. Estaban na casa, xa sabían que peixe había.
A. R.: E do que se pode ver hoxe, hai algo collido por xente/ por pescadores d'aquí, por barcos d'aquí?
L. P.: Aquí en Puentedeume?
A. R.: Si.
L. P.: No. ¿Pescado por barcos d'aquí?
A. R.: Si.
L. P.: No. Non ves nada.
A. R.: Nada?
L. P.: No, no. Todo vén da Coruña ou de Sada. D'aquí nada. Aquí xa non se vende nada. Aquí se vendeu antes cantidá de pescado, aquí. E xa che digo, todo o día. Cantidá de pescado que se vendía aquí.
E che vou contar como empezou a miña vida no mar. Empecei así. Pasei por moitas calamidades no mar. Mira, dunha vez, bueno, moitas veces ¿non? ((Acércanse para colocar os micrófonos)) Si home, deixao aí. Ben nos oen. Eu son un pouco xordo (...) Levanto un pouco a voz ¿non? Como xa sabemos, co tempo, os órganos corporales pues se van deteriorando ¿non? Hai unha cosa corporal la que más se deteriora. Esa/ Olvidémonos deso ¿non?
A. R.: Conte, conte como empezou.
L. P.: Bueno. (Eu andaba ao mar) e nosoutros pa o mar sabíamos cando salimos pero non sabemos cando cheghamos. Salimos pa o mar pola tarde a remos, así como che dicía explicando, co meu pai, a remos, e igual víñamos pola mañá/ A xente na casa esperando que chegháramos pa poder comer. Pero igual non traíamos pa vender nada, pois nada, pasamos fame e a mi non me dá verghonza decir porque moita xente que: Eu non pasei fame, eu non pasei fame! Pero, [es]tá aí todo escrito ¡eh! [Es]tá todo escrito aí que non, non é conto ¡eh! Porque lles dá vergonza. Pasamos fame pero porque nos obligaron...porque nos obligaron a pasar a fame que non había/ Eu pasei durante 40 anos/ estuven en crisis...Xa me entendedes, verdá, por que. Durante 40/ en crisis. Ahora, xa levo outros 40 que non estou en crisis. ((Ri))
A. R.: Pasou. A crisis pasou.
L. P.: Ahora están en outros. Pero eu non, eu non estou en crisis. Teño de todo/ Non me falta de nada, teño de todo. Máis que teño unha familia e uns fillos que tódolos días me chaman polo, polo teléfono:
-Papá, que fas?
-Viruta.
No meu taller, facendo maquetas, facendo barcos.
-Papá, que fas?
-Viruta.
-A ver cando acabas de mancha-la casa!
E dixen eu:
-Na, chamo aos bomberos, pasan un chorro deses e queda limpia ((Ri))
A. R.: Quero que agora me escoite.
L. P.: A ver.
A. R.: Quería que nos conte esa situación no mar, na que vostede o pasou peor. Na que estuvo/ Eu non lle chamaría medo/
L. P.: Bueno, un momento/
A. R.: Espere un segundo
L. P.: Un momento ¿no?
A. R.: Que lle/ Espere/
L. P.: Un momento ¿no? Bueno, eu no mar/ Porque o que lle teña medo ao mar que non vaia ¡Eh!
A. R.: Iso é o que quería dicir, que os mariñeiros nunca lle chaman medo.
L. P.: Que non vaian porque vaino pasar mui mal ¡Eh! O que ten medo que non vaia. Ao mar non lle hai que ter medo, respeto si ¡Eh! Respeto si, moito porque o mar non respeta a nadie porque estás aí fóra de puntas pa fóra e vén un mar que ti non sabes donde aparece.
Estábamos unha vez, éramos catro nunha barca, andábamos con motor, a barca andábamos en (incomprensíbel) pola costa, alá, en Prior. E claro, fumos botámo-lo aparello, que había que achegharse á costa e todo, botámo-lo aparello e cando botámo-lo aparello ¡un mar! Cuidado con ese mar que vén aí! (Incomprensíbel) Pero xa nos arrasou. Todos ao mar a nadar. E despois, claro, o mar foinos levando pa terra, pa a plaia (incomprensíbel) sacámoslle a agua ao bote. Había un que non sabía nadar que (incomprensíbel) por debaixo do bote,tuvémolo que pasar pa riba/ Bueno, aquel non sei se non morreu co ghusto, polo desghusto ((Ri)) Porque aquelo], aquelo era o colmo ¿no? Bueno, ahora hai que colle-lo aparello que si aghuantou outras veces hai que colle-lo aparello e (ir) pa a barca. [Es]tábamos collendo o aparello/ (noutro mar) ¡Pum! Ao mar todos outra vez e ¡Ai, mi madre! Que Cristo! Parece/ Eu non sei, cousas que pasan ¿non sabes? Pero como xa estás acostumbrado a todo esto/ Outra vez, veña, nadando e levando a barca entre (...) Todos mollados, estaba meu pai tamén, un irmán meu e mais outro irmán. Éramos catro ¿non? E daquela (incomprensíbel) a barca andaba moito, dúas horas pa cheghar a Puentedeume/ Eu todo mollado, morto de fame, xa non podía comigho (...) ghobernamos alí un pouco, coa caña de timón alí en medio das pernas ¿non? e ao cheghar aquí, á pena dos Soldados, que está a uns segundos da ponte de ferro, cerráronseme os ollos/ Así pasan moitos acidentes polo mar e por terra, que se cerran os ollos sin pensar! Se me cerraron os ollos pero uns seghundos despois ¡Ai la madre que me parió! Dixen: ai la madre, por pouco (...) Non morrimos fóra porque íbamos morrer á casa ¿verdá? Pero non lle dixen nada a nadie. Que demais viñan todos abaixo. Non dixen nada a nadie (...) Ala, vamos que xa cheghamos (...)
E outra vez víñamos do mar, tamén, que víñamos d'aí, da entrada de Ferrol/ Víñamos do xeito, non collimos nada, o mar era imponente/ Porque aquí hai unhas pedras xunto a Miranda, na Miranda, chámanlle a Miranda aquí cerca de Ares ¿non? que lle chaman a Laxa e mais (incomprensíbel) Entre a Laxe, pois, e a Miranda hai un canaliño estreito (márcanlla) moito, é mui grande/ E estaban tamén os de Ares alí ¿no? E os de Ares foron dá-la volta a aquela punta d'alá á punta que lle chaman o esteiro ¿no? á parte de Lorbé/ E dix/ E pasamos por aquí
que estamos más cerca de noite ¿no? Cando estábamos no medio, a espuma cubreu a barca hasta arriba que non víamos nada. A espuma que salía e todo eso. A min se me puxeron aquí un pouquiño ¿non? pero dixen: Me cago en la leche, non me vas poñer medo, eh, aínda! Me cago en tal! Avante! Pero a barca andaba moito. A pasar daquela espuma viñan os mares que viñan da (lancha), a lancha parecía un foghete encima do mar e estuvo a pique d'irse ¿no? Eh, pouquiño a pouco, eh!. Foi a vez que más respeto lle/ non medo porque ao mar non lle podes ter medo (...) Díxenlles eu: Que! Non houbo quen movera a cabeza para nada. Me parece que quedaron mudos todos. Pero eu claro, como xa sabía que era pois, tira pa diante e dixen: (incomprensíbel) Vale más andar que (aslear). Vale más andar que (aslear)!
A. R.: Manolo
L. P.: Dime.
A. R.: Se volvese aos 9 anos/
L. P.: Non, non. Non quería más mar. No. Xa sei, sei o que vas decir ¿Volverías ao mar?
A. R.: Si.
L. P.: No. Fun ao mar porque era o único que había era obrigado, mais (miña nai)/
A. R.: Hai/
L. P.: (Miña nai)
A. R.: Hai menos dun mes oínlle a un pescador, que botou 40 anos largos no mar, contestar, exactamente, o mesmo.
L. P.: O mismo, verdá? No, no.
A. R.: Voulle dá-las gracias porque nos están avisando que é a hora de cear ((Risas do público)) Moitas grazas. Eu creo que a experiencia dunha persoa, dunha vida, neste caso no mar, que ademais ten conciencia da situación, creo que merece un aplauso ben grande.
L. P.: Queda moito aínda que contar sobre esto ¿eh?
Autor/a da transcrición: e~xenio