Maruxa "A Chevarría": Miña avoa/ Eu non me acordo, acórdome de bendecir a bilida, chamámanlle a bilida/ Houbo unha señora alí, que, que, viciña que no monte deulle un toxo na, no ollo. E veu a xunta miña abuela que lle bendecira o ollo porque/ E quedou sin el porque o ollo non vi/ non veu máis. E bendecíalle o ollo e collía un cacho de, de trapo roxo e acórdome eu dalgunhas palabras que lle facía así ((Acenos)) por encima, con unto de/ e botáballe un cacho de unto envolto no trapo..."Con unto de cochelo e un pano vermello nin te comerá nin te roerá polo poder de Dios e da Virxen María. Un padrenuestro e unha avemaría". E rezaban o padrenuestro e mais a avemaría. Deso acórdome. Ahora, do hidrope/ que a hidropisía que collía un (tarrón) e, e, e, poñíañe o pé e cun cuchillo cortáballe/ E córtoche o hidrope. Aí non sei pero sei que facían esas/ E [des]pois que meu pai estuvo cortando caña en Cuba, o pobre, pa facer a casa, coma moitos.
Antonio Reigosa: Xa.
Maruxa "A Chevarría": Resulta que/ Perdón que se me seca a boca que estou nerviosa/ E cando veu de volta díxolle: "Pero, pero vamos a ver señora -díxolle á miña abuela que era súa sogra, dice- pero usté cree que non terán que ir ao médico (...) miráballe así, por aquí, o vientre, a barriga, pasáballe seique un peso de plata e si, si facía un carreiro, un rego que manchaba, que se vía así un pouco negro, tiña unha hidropisía moi grandisma que debeu ser/ ((Risas do público)) Eu non o sei.
Antonio Reigosa: Estaba enfermo de hidropesía. Usted non sabe o que era a hidropesía.
Maruxa "A Chevarría": Eu non.
Antonio Reigosa: E logo era cando facían o do terrón/
Maruxa "A Chevarría": E despois facía/ poñíanlle o pé, non sei se o dereito si os dous/ o pé, e cortaba con un cuchillo: "Córtoche non sei que, córtoche o hidrope, non sei que". Dicindo cousas/ e o padrenuestro e avemaría.
Antonio Reigosa: E curaba.
((Risas do público))
Maruxa "A Chevarría": Que sei eu ¡Dios mío! Eu do, do, do (terrón) non me acordo. Era moi pequena.
Autor/a da transcrición: e~xenio