Vamos a ver, pasou nunha aldea de aquí, de Outes, eu non sei que aldea foi pero resulta que unha vez chegou vivir a esa aldea unha muller que tiña fama de bruxa. Levábanse os veciños bastante ben ata que chegou esta muller bruxa e empezou a liar as cousas, levaba chismes duns veciños a outros, eso que se fai non? Eso que se parece moito aos programas de televisión eses donde veña chismes, chismes...bueno, pois o caso é que non podían aguantar máis porque todos se levaban mal e tal, e algúns veciños espabilados dixo mira/ dixéronlle ao cura: esto pasou desde que veu esta muller, así que hai que dicirlle que se largue.
E o cura foi xunto da muller e díxolle: mira, os veciños din qu'é mellor que te vaias porque desde que chegaches todo son líos, todo son problemas e tal. E a muller dixo: Bueno, pos vale, voume, mañá pola mañá recollo todo e marcho. Ningunha resistencia. Ó día seguinte pola mañá, sen que ninguén a vise, parece que dixo unhas palabras máxicas, vaia que botoulle unha maldición a aquel lugar. Pero foise, mui ben, d'alí a un tempo un rapaz desa aldea que volvía de noite dunha festa, parece que alegrete, bebera....bueno, bebera agua de máis alí nunha fonte. Os contos hai que contalos politicamente correctos, senón...e tiña que pasar por un sitio estreitísimo, pero mui perigoso, había penedos enormes e podía caer. Entón encendeu un mecheiro e foi pasando, foi pasando, foi pasando e librou a pesar de todo, pero xusto cando acabou de pasalo aparecéuselle á beira do camiño unha casa que antes non había.....e nesa casa/desa casa saiu un home vestido de negro, con un can enorme que ladraba atado por unha corda. E saíu en dirección a el, pasoulle todo o mareo, de repente. Tiña un medo, que me quererá este home? Que no me quererá? E salvouse porque empezou a rezar e dixo/ parece/ a ver se vos dá unha pista do lugar, dixo: Santa Ana me valla! Non sei se hai algunha Santa Ana por aquí, patrona dalgún sitio. E de repente, aquel home vestido de negro, o can e a casa desapareceron.
Que ben, quedou mui tranquilo, seguiu camiño adiante e nun prado que había á beira do camiño apareceuse/pareceulle un cabalo, como era de noite, pero achegouse e resulta que era unha egua, unha egua preciosa, grande, enorme. E dixo: bueno, pois co canso que veño vou montar d'a cabalo desta egua pa que me leve pa casa e mañá pola mañá xa pregunto de quen é e xa lla devolvo.
Mui ben, montou d'a cabalo da egua chegou á casa, meteuna na corte e ó día seguinte pola mañá empezou a preguntar de quen era a egua, pero ningún veciño sabía de quen era a egua. Non era de por alí. Bueno...pois, así de repente,este é o medo eh!, a egua sin haber motivo ningún empezou a dar patadas, a saltar, a tumbar toda a xente que había ao redor...foron chamar máis veciños e entre non sei cantos atárona e conseguiron reducila e metela na corte. Uf! que medo, de repente, dábanlle toleadas á egua; entón, meteron a egua na corte como puideron, foron chama-lo cura: oe, que temos aquí unha egua que debe estar...eu que sei, algo lle pasa porque esto non é normal e tal, e foron a donde estaba na corte e mirárona, e resulta que a egua estaba mui peiteada, a crín, o pelo de aquí que teñen os cabalos e as eguas por aquí estaba con trenzas, todo precioso, unha marabilla, salvo que era a egua, parecía unha muller. E dixeron: oh! Pero que pasou aquí? E fórona sacando pa fóra e entón o cura dixo: por se é cousa do demo, o mellor é botarlle algo sagrado por riba e botoulle a estola, que é unha peza que levan os curas, hai curas aquí? non? Era pa que explicara o que é unha estola. Bueno, e cun isopo botoulle unhas gotas de auga bendita e tan pronto tocaron as gotas a egua, a egua desapareceu como se a levara o vento e nunca máis a viron.
Pero sabedes o que foi mellor? Que a partir dese día todos os desa aldea leváronse estupendamente. Hai quen pensa que esa egua era a bruxa aquela da que vos falei ao principio. Eu non o sei eh! Pero pasou aquí.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro