Maruxa "A Chevarría": Bueno de curtidos si e houbo unha fábrica, aquí na fábrica donde aparcan os que vamos alí ao centro médico. Alí traballou meu abuelo e tiña o mal da soneada e, e era/ traballaba/ chamábanlle o lavadeiro, traballou meu pai tamén (...) Era un cuchillo, poñíano nunha tabla pa limpiarlle a, a, a, carnada e o sebo que lle quedaba á piel. Metíanas nos pozos e meu abuelo, dice que lle daba o, o toqueo e sighía, tiña tanta prática que viña o encargado e que nunca lle dixo nada porque tiñan un cuño para cuñar quen cortaba a piel ou non, e dice que nunca unha piel cortou. Non sei se era certo, eso téñeno dito mil veces. Meu pai tamén, eh. Meu pai estaba mirando pa o outro lado e ((Acenos)) Curteulle a María Espada/ que todo o mundo conoceu a María Espada, vale! Pois levámoslle o leite na casa muitísimos anos, a María Espada. E meu pai curtía pieles na casa, de ovella, de raposo. De raposo curteulle moitas a, a María Espada para, para, para abrigos pa as fillas que se casaran e fóranse pa Madrid ou pa, por aí, nese sitio ou antes de casarse (...) E, e, e curteulle (moitas). Deixar, deixábaas por dentro, igual que este papel, eh, de blancas, a de ovella, a de/ o que curtía na casa, pieles pequenas que traballou moitos anos hasta que cerrou a fábrica, aquí, aquí pola parte de baixo/ donde están os colegios (...) Eu si, si soupera dibujar, facía ahora o plano porque ter, téñoo aquí todo ((Acenos)) Fun alí desde os 6 anos...levarlle a comida ¡eh!
Antonio Reigosa: E cando cerrou esa fábrica?
Maruxa "A Chevarría": Cerrou, eu me parece que eu tiña 17 anos. Debeu de ser no 40/ Ser foi nos anos 40 pero non sei si foi no 40/ Vamos a ver, eu nacín no 31, tiña 17, botádelle a conta, se non eu teño que contar polos dedos. Por aí foi, eu tiña 16-17 anos/ Que traballou aí mi padre...hasta que cerrou a fábrica.
Antonio Reigosa: (E de onde viñan?)
Maruxa "A Chevarría": Viñan de, de, de Seseñor, de Reghuela. Tiña moitos amigos por aí, meu pai, porque traían a casca en carros. Eu conocía, era nena tamén, e traían a casca en carros.
Antonio Reigosa: (De Suaserra?)
Maruxa "A Chevarría": De por aí, de Suaserra, de por aí, xente de por aí (...) Traían a, a casca de carballo e era para/ Molíana, dicen/ Eu teño oído a mi padre que era para darlle o color á piel porque había/ se era piel finiña, que lle chamaban (bosca) ou algo así/ porque a había de/ pa suela, salía pa suela e salía p'o zapato ¿non?, fina, a fina. E dábanlle ese color coa casca de carballo...Si, ese color.
Antonio Reigosa: Dábanlle color ao (incomprensíbel). Era un tanino.
Maruxa "A Chevarría": Eu xa vin aí desde os seis anos. Eu conozo Pontedeume desde que nacín. Coñezo a xente toda porque viña co leite. Non fun a maior que fun/ A maior levábame a min 15 anos. Acabouse a guerra, tiña mozo antes d'ir, veu e casouse. Quedei eu de maior. Había outro que foi á guerra pero tamén buscou a súa vida e tal. Morreu tamén xa hai uns anos, vivía en Foz, [es]taba/ e, e, e tal. E quedei eu de maior. Eu fun unha nena-muller...pois/ Pero, eu iba á herba. Tuven que muxi-las vacas cando Josefa se casou porque miña abuela era moi boa, queríamoslle moito, pero decía: "Eu xa son vella ahora! Eu son vella!"
Autor/a da transcrición: e~xenio