A aldea de Sucastelo
toda é costa arriba,
ten a rosa na entrada
e o carabel na salida
Dice:
A aldea de Sucastelo
Ai! Como era/ das mozas. Esa é a aldea de Nogueirosa, perdonádeme.
A aldea de Nogueirosa
é ruín porque a fan,
sementei o trigo nela
eu collín o azafrán!
Si, se dIcía esa. E como era/ Dice:
A aldea/ toda é (a) costa arriba
(...)
Pois aí fáltame unha palabra que non me acordo. Perdonádeme. Dicía, dicía:
Buena rebostés de cara
y cuerpo de mucho salero!
Dicíao así. Eu sabía regueifar. Miña mai sabía, peneiraban pa cocer na/ e cantaba pero a min aghora (...) Si,i,i,i mentres peneiraba, miña mai cantaba sempre ¿Verdá? Eu non. (Incomprensíbel) se me escapou todo. Eu non. Non. Eu sei que (...) Perdone un momento que lle vou contar outra ((Risas do público)) Pepucho, vouche estripa-lo teu, o teu antroido. Eu sabía outro. Cantaba miña avoa. Dice:
Adeus martes d'antroido
martes d'antroido (gandulo),
tres días de boa vida
sete semanas de auno
Porque ayunaban despois da/ Viña a Pascua e lavaban as cazarolas pa que non levaran nin unha pisca de ghrasa/ que comían a ghrasa que eu non sei sinón a botarían con unha palla...¡Naqueles tempos!
Autor/a da transcrición: e~xenio