Maruxa "A Chevarría": O señor Farruco, que era un primo carnal de miña avoa, era alí viciño e tamén nos contaba. Dicía: "Eu fun a unha, fun a/ Tuven unha moza na Veiga".
A Veiga é un pouco por detrás do Castelo e claro, dicía/ Era/ Tiña que ir todo polos montes de (Belalle) arriba e todo. E levaban unha, unha fouce. El levaba o, o, o chirimbolo ese, a bisarma. Bueno. E resulta que viña de volta e o lobo mideuse con el. Dice: "Túvenme que tumbar no camiño e o lobo ao meu lado. Era eu/" Debía ser o lobo pequeno porque el moi alto non era. Dice: "Eu era un pouquiño máis grande que o lobo. Pero, con todo eso, quedouse mirando pa min e eu collo a bisarma, doulle ¡bum! contra un seixo ghrande que había alí, e o lobo, ao facer as mochicas, escapoulle ao lume".
Eso, eses contos (...)
Antonio Reigosa: E así a xente xa sabe que o lobo tenlle medo ao lume.
Maruxa "A Chevarría": Ao lume.
Antonio Reigosa: En caso de atoparse con un lobo/
Maruxa "A Chevarría": Cun lobo ¡Hai tantos! ((Ri)) ¡Hai tantos de dúas patas!
Autor/a da transcrición: e~xenio