Vou falar un pouco dos curtidores. Os curtidores...dos tre/ A verdá que hoxe, en Pontedeume, penso que quedan un, un zapateiro, nada máis, non sei. Pero, antiguamente, ata, bueno, ata o século XX era unho dos sectores económicos principales da vila. Os tres sectores fundamentales foron, aparte dos labradores, os curtidores e,e,e,e a pesca. En,n,n,n cada gremio/ porque eu vou falar non de,e,e/da pes/ de, dos curtidores do século,o,o XIX sinón anteriores, os oríxenes do que era a,a,a a zapatería dos curtidos en Pontedeume ¿eh?
Os, os/ estos sectores económicos estaban reunidos en/ asociados en gremios e cada gremio estaba baixo unha cofradía. E os curtidores, en, en, en, en cuestión, estaban baixo a cofradía, así, para ser o nome exacto, Cofradía del glorioso mártir San Sebastián. E,e,e,e,e a vida deles non era mui boa, hai que decir. E,e,e a fábrica de curtidos mellorou as condiciós porque, aínda que vivían mal, non tiñan as pilas na casa e,e,e era outro sistema de vida. Pero (...) antes de, da fábrica, a xente, pois, eran coreiros e traballaban/ eran zapateiros, ao mesmo tempo/ tiñan as pilas de curtir nas casas, e,e,e había xente con varios píos: con 1, 2, 3 e, como tiñan/ bueno, cheiraba mui mal, vivían extramuros da vila. Vivían casi todos na plaza da Calzada e na zona da Tahona e,e,e a,a a vila estaba rodeada dunha muralla e comenzaba alí, na/ o que é, o que é a plaza,a,a das Angustias, ahora, máis ou menos. Vivían alí e ademais aproveitaban porque alí na entrada estaba situada a tahona...a tafona. Esta era un,n,n (...) pese ao que a xente cree que era un mu/ era,a,a unha panadería, o que era realmente (é) un muíño de casca que se aproveitaba para, para curtición.
A vida non era boa, a verdá, aparte tiña moitas enfermedades e infeciosas. Morrían, morrían novos casi todos e,e,e ademais a profesión era considerada como unha profesión vil e non podían exercer cargos públicos...e,e,e non podían ser/ ter fillos e metelos sacerdotes, e,e,e se lles prohibía o acceso, pois, a certos niveles de educación, pero non era/ vamos, non era a única (...) a única profesión ¿eh? tamén aos ferreiros, por exemplo.
Ata o ano 1783 que se aproba a Real Célul/Cédula de honradez de oficios que di, exactamente, o seguinte: "Que los oficios de curtidor, herrero, sastre, zapatero y otros a este modo, son honestos y honrados. Que el uso de ellos no envilece a la persona ni a la familia de quien los ejerce ni les imposibilita para obtener los empleos municipales ni para el goce de la hidalguía". Ou seña que hasta esa época, mui mal.
A, a cofradía, como xa dixen e,era a que guiaba un pouco a vida cotiá de/ dos zapateiros. (...) Unha persona chegaba á vila e non podía exercer de zapateiro porque si, tiña que ser membro da cofradía. Para ser membro pois tiña que pagar certa cantidá de, de libras de cera, daquela se pagaba en cera, penso eu que os cereiros debían ser un pouco como os banqueiros das vilas nese momento e,e,e non había luz eléctrica e entonces, pois era un sistema de pago, tamén, efectivo. E,e,e,e,e o que era a cofradía seguía/ un pouco dirixía a,a,a a forma de vida, hasta certo punto, e o traballo do, da xente...do gremio. E,e,e,e tódolos anos, polo día 20 de xaneiro, que é o día de San Sebastián, se facía unha xuntanza de membros e elexían un,n,n,n un vicario e un mordomo. Estes dous organizaban as festas, organizaban os enterros, cando morría algún membro da cofradía pois saían todos os, os cofrades cos estandartes de luto e con, e con cirios, bueno, montábase un enterro...non vivían ben pero morrer, morrían mui decentemente. E,e,e (aparte) deso organizaban as festas de,e,e,e,e,e de San Sebastián, organizaban o Corpus. En o Corpus era mui curioso porque era o día, pois, do máximo esplendor da,a,a,a/ de todas as cofradías, entonces todos querían presumir. Salían os coreiros e,e,e,e/ danzando a danza de arcos que era a danza típica de, do, do gremio e salían os mariñeiros, o que era a cofradía da Trinidá que curiosamente daquela/ pensamos que ahora é a cofradía do Carmen pero daquela non era o Carmen ¿eh? era a Trinidá. Salía a Trinidá danzando a danza dos mariñeiros que era a danza de espadas, pero se levaban a matar uns e outros e sempre había paus na iglesia. E,e,e hasta tal punto que hai na/ nos estatutos da cofradía da Trinidá hai algunha advertencia contra ese, contra eses paus que había. E bueno, e bueno pouco máis así teño que decir a/ Tres foron as familias principales de...de curtidores na vila. E aínda que as relaciós entre o gremio eran unhas relaciós mui cerradas...e,e,e as tres familias principales foron (...) a Grande, a familia Grande; os Punín e os Roberes. Foron as tres/ bueno había máis familias, os Castela que eran (ao) mellor un pouco máis antiguos, os Hombre e,e,e/ Pero estas tres familias foron as principales, as que fixeron máis diñeiro e se uniron entre elas. Bueno, a verdá é que había moita endogamia, había moitas,s,s,s/ Casaban porque casaban así tamén os cartos, o intercambio de, de coiro, as materias primas, pois, levaban a que se fixeran vodas con,contratadas, vamos.
Os Grande pois non se saben cando chegaron, realmente. Eu penso, penso que tiñan/ procedían da zona de Capela ou por aí, pero non o sei. Os Punín chegaron a Pontedeume sobre 1930, aproximadamente, de Santiso, de Visantoña e,e,e os Roberes/ o primeiro Roberes chegou a Pontedeume no ano 1664. Era un soldado holandés, bueno, holandés non, era flamenco. (...) E como era católico, posiblemente non fora holandés sinón que fora o que é agora Bélxica. E,e,e casou aquí/ Deu a casualidá que o meteron nunha casa a dormir e casou, que debeu ser coa da casa, ca viuda ((Risas)) Penso eu. E, este foi, precisamente, o que chamaban despois de alcume o "Flamenco". Tomás o "Flamenco" era el. El deu/ pois/ tuvo catro fillos e,e,e moitos descendentes. Moitos. Aquí vexo unhos cantos, por exemplo. E,e,e,e este holandés, bueno, morreu pobre (...) O seu xenro/ o seu sogro xa era membro da, da cofradía e foi precisamente quen meteu a,a,a seu xenro na, na cofradía. E,e,e,e o tipo este, pois bueno, morreu sin moitos cartos pero seu ne/ seu bisneto...Tadeo, Tadeo Roberes, foi un tío, pois, xa máis adinerado que el. A súa nai xa fora unha persona bastante rica/ entonces xa vivía, xa non curti/ Bueno/ el foi curtidor cando foi novo pero xa de mayor mandaba a curtir (á) outra xente para el, el se dedicaba ao tráfico de coiros con/ de Ámerica e despois vendía e tal. Bueno, fixo cartos. E foi seu/ o fillo del, Benito, o que fundou realmente a primeira (...) a pesar de que todo o mundo cree que foi Tadeo, foi Benito, o seu fillo, o que fixo a primeira fábrica de curtidos en Pontedeume.
A primeira fábrica non estaba en (...) vamos, en Pelamios, sinón que estivo en Vilar. A tuvo/ fundouna el e un Tomás Punín/ o que pasa que non sabemos por que nin por que non, ao pouco tempo aparece el arranxando unhos almacés e facendo unhas obras na zona de Pelamios e facendo el alí outra fábrica. Debeuse pelexar co Tomás de Punín, non o sabemos. E,e,e,e foi entonces esa a primeira fábrica, á que despois foron gran parte dos eumeses de/ posteriores, os que foron alí a, a traballar. Pero xa non era (deles), xa era de Pardo, da familia Pardo. E bueno, pouco máis teño que contar deles...Nada máis.
Bueno, voulles ler aquí unha/ un, un texto, se teño tempo, máis que nada pa ilustrar un pouco as circunstancia/ A ver, non é meu ¡eh! Escribeuno outra persona pero vouno ler. Non é que teña moita soltura eu lendo pero bueno/ Tanto como el recitando pero bueno: O curtidor está cansado, logo/ Vou poñer as gafas, vou poñer as gafas mellor porque/
"O curtidor está cansado logo dunha dura xornada descarnando peles. Camiña encorvado. Párase un instante diante da Cátedra da Latinidade para escoitar o vocerío dos nenos que declaman en latín e laméntase por non entender esas voces antiguas. Se encorva un pouco máis, coma se recibise un mazazo na caluga e continúa o seu lento camiñar, escoitando o ruído que provoca o piqueteo dos cinceles no granito da futura igrexa parroquial, que están construíndo os (irmáns) Ricoy. A obra está avanzada. Xa se adiviñan as torres despuntando facia Breamo. Un refacho de vento levanta a arenisca do chan do atrio. Espállaa pola rúa da Pescadería pintando de ocre as paredes das casas. O curtidos mírase as mans inflamadas e sucias de tanino e recorda que debe deterse na botica, que foi do pai do arcebispo Raxoi, para comprar un ungüento que (alivie) a súa piel.
Ascende pola Rúa Real en dirección á praza de San Roque, deixando un rastro de cheiro a carne corrompida, que se espesa nos soportais, provocando miradas de desprezo. A súa muller espéralle apoiada na porta da súa casa, observando o xogo dos seus fillos que simulan bailar a danza de arcos. Saben que seu pai é un excelente danzante que se loce na celebración do Corpus. Este ano, bailará con zapatillas novas. As súas pernas serán as máis áxiles. Flotará coma unha pluma polas rúas da vila recibindo os eloxios da cofradía de San Sebastián.
Un carro tirado por dous bois baixa chirriando pola rúa do empedrado. Trae casca de carballo para a tahona sita na porta da vila. Tadeo Robeles está nun cuarto contando peles. Garda os reais baixo o tellado no oco dunha viga de castiñeiro. Apenas lle cabe a man pero, cada certo tempo, toquetea as moedas deleitándose co son cantarín que emite o seu rozamento. Pronto terá diñeiro suficiente para pagar a carreira eclesiástica ao seu fillo.
O curtidor saúda á súa muller alzando a súa man gris. Ela respóndelle cun sorriso. Os seus fillos xogan agora a tirarse a casca que apañan do chan. Tadeo observa a escena desde a fiestra que mantén pechada para evitar que o forte cheiro a arenques que alaga a praza penetre na súa habitación. Retírase e sigue contando peles".
Esto é un pouco o que sería a vida cotiá.
Autor/a da transcrición: e~xenio