Lectura dun poema de Algo para recordar de Nicolás Varela Cabana.
Nicolás Varela Cabana (Doroña-Vilarmaior, 1910–Breamo-Pontedeume, 1998), coñecíase na zona polo alcuño de O Zoqueiro, xa que, alternado co de labrego, foi ese oficio o que profesou até que ese calzado do noso agro pasou a ser testemuñal. Home inquedo e curioso, ao longo da súa vida sacou tempo para, ademais de procurar os produtos da terra propios do noso agro, dedicarlle uns morteiros á agricultura experimental e exótica. Tamén, aproveitando os coñecementos derivados da fabricación de zocas, empregou estes para levalos á talla e confeccionar con eles bustos e imaxes de oficios que, como o de zoqueiro, deixaron de ter vixencia. En idade xa serodia botouse ao verso e en pouco tempo apareceron publicados tres títulos da súa autoría. En orde cronolóxica: Esquencidos recordos, Algo para todos e Argalladas da Farruca.