Eu vou ler agora a/ unhos poemas de Nicolás Varela Cabana. Eu coñecín a Nicolás Varela Cabana e/ cando casei. Tiña vínculo familiar ca miña dona, entón foi por alí, polo segundo lustro dos anos 70. Daquela era xa un personaxe marabilloso porque facía cousas que non, non facían o común da xente, como por exemplo, decíase del que domesticara un corvo e, dicíase del que, polo mero feito de aventura botánica plantara tabaco, na súa finca, para saber como saía e incluso, el fora zoqueiro, ademais de labrego, e cando deixara o das zocas porque a cousa pasou, deulle por facer esculturas, tallas das cousas que vivira e que estaban desaparecendo, por exemplo, unha sella; por exemplo, unha tecedeira, todos eses oficios/ o de zoqueiro e facía, incluso, bustos de si mesmo. Ata tal punto, eu recórdolle tres bustos e un deles, quíxoo facer tan natural que cando cortaba o pelo, gardábao para poder transplantarllo ao busto ¿non?
Ou seña, era un home meticuloso e encantador. Despois eu vivía con el unhas festas de San Ramón, aí arriba, en Doroña, que foi onde el naceu no ano 10 do século pasado. Eu levaba aí unhos versos, así estrangallados ¿non? pero para botar na festa ¿non? nada, nada mui preparado, e eu non sei si eso o aguilloou un pouco pero cando me dei conta, el tiña xa tres libros publicados con unha poesía popular encantadora e bueno, por eso eu, eu considero que merece a pena ser escoitado.
Sei, incluso, por Pepucho e ademais porque mo dixera el, que compoñía incluso para corales como Folerpiñas.
Autor/a da transcrición: e~xenio