Os maios, aquí en Pontedeume, é unha tradición que vén de,e,e de fai moitos anos. Moi/ moito tempo. As primeiras, digamos, impresiós que hai fotográficas son de 1914, na alameda. Unha festa dos maios na alameda que daquela lle chamaban, La Fiesta de la Flor. E se ven catro ou cinco maios e logo nenas, nenas coas coroas de, de maias. Esa é unha das primeiras citas, digamos. E nos arquivos tampouco hai moito/ non se especifica,a,a máis. Pero bueno, despois outras fotografías que aparecen, pois son, unha dunha carabela. Outra fotografía, dun avión. Aquí en Pontedeume se fan os maios, normalmente, de maqueta, pero tamén se fan con naranxas penduradas e arcadas. Pero, os de maqueta son bastante tradicionais. Decía o de carabela e despois un de avión. Este de avión é da época na que o avión Plus Ultra chegou a América. Entón se ve, na, nas fotografías, que di: Plus Ultra. E ten algunhas palabras máis pero están ilexibles e, e bueno.
Hai moitas cantigas tradicionais d'aquí, de Pontedeume. E, por aí, hai algunha semellante. Por exemplo, na Coruña hai unha que/ un estribillo que di: Xaranxín, xaranxán. Aquí en Pontedeume: Xeresín, xeresán. E despois: Maio entra de crego. E na zona de Viveiro tamén se canta algo, pero bueno.
Unha que se canta moito aquí é o "Manuel, querido Manuel". É un himno de batalla o "Manuel, querido Manuel" que eu coido que esta/ é un canto, un canto máis antiguo que dos maios, que é dos Manueles. Os cantos de Reises, os Manueles de primeiros de ano, pero, aquí cántase e vai unida a,a,a a a outra letra que, que fala dos maios.
"O Manuel, querido Manuel"/ A xente que queira cantar comigo pódeo facer, eh!
Manuel, querido Manuel
no me vienes ver
de noche no bajas,
de día no puede ser
volverás mañana,
de día no puede ser
volverás mañana.
A la boterería, a la boterería
del señor Manuel, del señor Manuel
Manuel, querido Manuel
no me vienes ver
de noche no bajas,
de día no puede ser
volverás mañana,
de día no puede ser
volverás mañana.
Esto conecta con outra que di:
Encontré una madama
encontré una madama,
en el mes de abril
en el mes abril,
yo le dije, buena moza
yo le dije, buena moza,
quiere usted venir
quiere usted venir.
Manuel, querido Manuel
no me vienes ver
de noche no bajas,
de día no puede ser
volverás mañana,
de día no puede ser
volverás mañana.
Esta é unha das más, máis corrientes e bueno, hai moitas máis, hai moitas máis e, de feito, de fai 10-15 anos para aquí se están, se están recollendo coplas, cantos de maio que, bueno, algúns foron musicando e hai un que leva unhas raíces eumesas,
digamos, porque se ve no, a ver, a ver si encontro aquí o...se ve no facer dela porque di:
Ei vén, ei vén
Esta é unha copla que se/ que me parece que se fixo no 77
Ei vén, ei vén,
ei vén o maio longo
ei vén, ei vén,
ei vén por Campolongo.
Ei vén por Vilar
polo Barro xa pasou
polo Souto está
chega eiquí e vai cantar.
Bóteno-lo maio,
señor cabaleiro
se non ten o maio,
bótenos diñeiro.
Se non ten o maio,
bótenos diñeiro
bóteno-lo maio,
señor cabaleiro.
E as raíces vanvos sonar porque, porque, porque, porque si.
Ei vén, ei vén
Vedes que parece: Xa morreu, xa morreu
Bueno, bueno, o que o fixo, o que o fixo, buscoulle as raíces, entón saleu esto:
Ei vén, ei vén,
ei vén o maio longo
ei vén, ei vén,
ei vén por Campolongo.
Ei vén, ei vén por Vilar
polo Barro xa pasou,
polo Souto está
chega aquí e vai cantar,
polo Souto está
chega aquí e vai cantar.
Bóteno-lo maio,
señor cabaleiro
bóteno-lo maio,
se non ten diñeiro.
Se non ten diñeiro,
bóteno-lo maio
bóteno-lo maio,
señor cabaleiro.
I aquí acaba.
Autor/a da transcrición: e~xenio