Bueno, moitas gracias á Asociación de Escritores da Lingua Galega por vir hasta aquí e facer este acto que...que bueno pois é un apoyo a, ao recoñecemento da cultura local e ao patrimonio común de todos ¿non?
Eu cando teño que falar do Fondo de Documentación do Eume e utilizo este, este folleto, que me axuda moito porque este foi/ é unha convocatoria dun premio do ano 2, de hai 10 anos, pero ten a importancia porque está asinado por once ministros de cultura de diferentes países latinoamericanos importantes, Brasil e Cuba e Venezuela, México, e tamén polo Ministro de Cultura de España. No ano 2 era o segundo goberno de Aznar/ i e,e,e era/ é un premio que dice: Somos patrimonio. I, entonces, comenza distinguindo o patrimonio/ no patrimonio/ no que é patrimonio natural, o patrimonio dunha colectividá humana ¿no?/ Por un lado, o patrimonio natural que é todo o que non ten intervención humana, aquí, fundamentalmente, podríamos centrarnos nas fragas do Eume e na ría, sería dos símbolos/ grandes símbolos do patrimonio natural e tamén o patrimonio cultural. O patrimonio cultural divídeo no material, no que é este convento, é un patrimonio material; unha fonte, un cruceiro, a, a ponte do río (...) estes son patrimonios materiales, e o patrimonio inmaterial que é todo aquilo que se fala e transmite unha cultura ¿no?
Entonces, nosoutros aquí, estamos facendo, como aquel que facía prosa cando escribía, nosoutros estamos facendo algo importante cando recollemos esta, estes comentarios, estes recordos porque esto é a, a parte da cultura fundamental do ser humano ¿no?
Entonces/ estes ministros teñen uns conceptos que utilizan aquí neste premio. Fomentan, axudan, premian aquelas iniciativas que pretenden apropiarse do patrimonio colectivo. Este concepto a min me parece interesantísimo porque continúan decindo que, normalmente, foi sustraído polas élites e polos Estados, da xente/ foi sustraído. I entonces que ahora premiaban aquelas iniciativas que loitaran por recuperar ese patrimonio, que volveran a integrar no pobo ¿no? Esto, como digo, é algo común, hoxe en día, pois, reconocido por todos os gobernos ¿no?
Comezou este recoñecemento polo patrimonio material xa no século XIX ou XVIII cando empezaban os primeiros museos, as primeiras reconstrución das ruínas. Despois xa no XIX hai os primeiros síntomas de recuperación do patrimonio (...) natural co/ cos primeiros parques naturales, no caso de España, do Estado español vai ser no, no 1916, cando empeza xa (criterio) a consolidarse en lei, de recuperar a natureza ¿no? I ahora estamos, casi comenzando, a recupera-lo terceiro, o terceiro pilar da, da/ dos patrimonios que é o patrimonio inmaterial. (Entón) nese sentido, neste marco, este acto podía presentarse ao premio, deste que estamos falando/ Tamén se podía presentar o Fondo de Documentación de, do territorio que foi o traballo que fixemos, que empezamos no ano 2 i que, a partir do ano 4, xa foi patrocinado por EuroEume ¿no? Xa foi presentado na revista Cátedra que bueno, sabedes que está en internet pero bueno, tamén Alexandre ten exemplares, número 13 e número 14, xa se presentaba alí nos seus aspectos máis puntuales ¿no? Está feito coa intención de facilitar as investigaciós a calquera persona interesada, calquera veciño, calquera investigador e fomentar a, o interés e facilitar o interés por, pola comarca ¿no?
Entonces (...) por que? Porque todo esto concluie en que temos dereito á memoria, que é outra, outra, outro concepto importantísimo ¿no? Temos dereito a recuperar a memoria que aquí, no caso concreto de España, pois hubo unha política de amnesia, durante moitas décadas, i é moi útil ahora para ter unha perspectiva histórica e poder, digamos, que ter unha base argumental e documentada sobre o pasado ¿no? Recuperar esa memoria que transmiten personas que acordan unhas vivencias previas ¿no? Non é só para, para indíxenas/ A veces pensamos nesto, bueno esto debe ser para os indios do Amazonas ¿no? Pois si, tamén. Pero tamén é para aquí porque, de feito, déronlle o premio a, a algunhas iniciativas dentro do Estado español ¿no?
Ben, o Fondo de documentación ten unhas partes máis densas de explicar que están en Cátedra, que son os arquivos que/ donde están os nosos documentos, a bibliografía, todo o que se escribiu sobre o, sobre o territorio, un listado de expertos que é unha sorpresa tremenda que nos levamos. Hai 350 personas que escribiron algo sobre o Territorio, desde os múltiples aspectos que interesa/ Dende Bioloxía, o de Historia o de calquer campo/ E resulta que hai hasta 350 personas que xa se interesaron na, na comarca ¿no? E tamén o Fondo de documentación recolle a iconografía: películas e gravaciós de televisión e fotografías/ Aquí quero decir que aquí existe o fondo de Tito Ríos, unha parte (de Saavedra) previo pero ademais o de Tito Ríos que é un home, que despois de 50 anos de profesión, se merecía unha boa exposición dos seus traballos i que, bueno (...) falando o outro día cunha persona que sabe desto e que tiña cierta, certas posibilidades, me dice: "O único problema de Tito Ríos é que está vivo porque polo demais había que facerlle un homenaxe xa ¿no?". Só hai que esperar a que a xente morra para reconocer, reconocerlle os méritos ¿no?
Ben, a hemeroteca/ Fixemos tamén unha lenta labor de, de hemeroteca que es/ que si tivo xa moitos resultados na medida en que xa hai varios investigadores buscando neses/ vaciando eses, eses fondos de hemeroteca/ que se saca unha información extraordinaria i mui útil. I, do traballo que máis, desde logo, estamos orgullosos é da Hucha dos Saberes, porque todo esto que falamos, eses documentos levan 100 anos gardados, 200 anos gardados, se supón que seguirán aí gardados. Algún día hai que botar man deles/ Xa lle botamos man nós. Pero, o que si tiña que facerse xa era as entrevistas á xente de, da memoria colectiva. Vou ben? Ben.
Esto, eu quixera citar aquí aos 25 eumeses que foron entrevistados, máis ou menos, con entrevistas dunha hora, que están no que chamamos a Hucha dos Saberes a disposición de calquera investigador ou veciño interesado para visionar ¿no?
Manuel Alfonso Molares Porto; Carmen e Constantino Arnoso, da Casa do Conde na fraga; Antonio Amador Álvarez que foi mariñeiro; Jesusa Vázquez Rodríguez, chamada "Gelina das Magitas", que xa morreu hai 4 ou 5 anos; Benedicta Navarro Martínez; Cesáreo Bouza Pérez; Consuelo Xan de Vila; Carmela del Río Pérez; Manola e Carmen Sierto Fernández; Nicolás Ferraz e Samado, o que era o enterrador; Herminia Díaz Vila, de Andrade; Antonio Veiga Mosquera; Isidro Fonte Corral, de Nogueirosa; Josefa Chal Bouza, de Centroña; Pepe Gallo, mariñeiro; Carlos Correa Vilariño, tamén mariñeiro. Juan Piñeiro Fernández, armador; Lolo Placer Piñeiro, que despois falará aquí, mariñeiro; Ignacio Varela, de Ombre; Plácido que foi/ bueno, traballou na forestal, ten unhas historias magníficas sobre a repoblación forestal; o Maestro Leira/ Todos estes son de Pontedeume. É un traballo que si se pudera seguir facendo (...) Actos como estes son mui importantes para crear ese ambiente que non se perda esas memorias porque son fundamentales para recrear o pasado. Como investigador volo aseguro, que, quen ignore esta memorias desde logo está ignorando/ non ten acceso a unha información clave para recrear o pasado ¿no?
Ben, decir que actualmente este fondo está xestionado por EuroEume i que calquera pode acceder a el ¿no?
Como acto comentar que eu son (incomprensíbel) falar do Baixo Eume, de feito non se pode contar a historia de Pontedeume sin falar do Baixo Eume, i que hai colectivos, na banda norte, que están facendo unha gran labor, tamén, ao respecto do patrimonio inmaterial ou material como son as mulleres rurais de Cabanas, constantemente están recuperando oficios e prácticas e, e lembranzas/ I tamén, referente ao patrimonio natural, hai unha asociación que é a de propietarios o, da fraga, que ten tantos socios como, penso, que a suma de tódalas demais asociaciós da comarca, i que teñen moitísimo que decir sobre o patrimonio natural da comarca i que penso que se lles escoita mui pouco, non se lles deixa falar ou non teñen espacio aberto para comentar as súas/ os seus coñecementos.
E nada máis. Non se me ocurre máis. Felicitar á Asociación i nada, que o sigamos pasando ben.
Autor/a da transcrición: e~xenio