Antonio Reigosa: (...) Porque nos pareceu que o testemuño de Juan era o complemento perfecto, ideal/
Juan Permuy: Ai, si! Conocín varios personajes dos, dos que nombrou ahora aí o/
A. R.: De eso queremos que fale...xustamente.
J. P.: Si señor.
A. R.: Vostede é de Regüela.
J. P.: De Regüela. Si, si.
A. R.: Aquí Xavier anotoume que lle chamaban a "pequena Rusia" a esta parroquia de Cabanas.
J. P.: Si porque había creo que en edad militar cerca de 30 e foron ao servicio militar 5 nada máis...á guerra.
A. R.: 5. E o resto?
J. P.: O resto ao monte.
A. R.: Apañar aos toxos ou?/
J. P.: No/
A. R.: A outra cousa.
J. P.: No. Escapar/ Algunhos, bueno porque en Regüela houbo un,n,n,n un problema/ Regüela é un,n,n é unha zona, é, era un coto que non perteneceu ao monasterio de Caaveiro sinón que perteneceu a, a San Martín de Xuvia. E eso é mui significativo no pensamento de Regüela, é mui significativo porque cando foi a desamortización de Mendizábal pois,s,s non só os caciques d'aquí de Puentedeume, os ricos d'aquí, non compraron as terras de Regüela/ Entonces Regüela/ Pois había un/ Era/ Quedou así como un, un sitio aislado que non había/ non tiñan que pagar/ seguir pagando rentas sinón que pagaban un pequeno foro a,a,a, á condesa de Espoz e Mina, a doña María de Molina, me parece. Pagaban un, pagaban un, unha cousa moi, moi pequena cada familia pois/ pero moi insignificante hasta o ano 28. Entonces, claro, de[s]pois en Regüela houbo outro personaje que tamén falaron del (incomprensíbel) por aí que era un señor que era dunha/ da casa máis rica de Regüela, entonces seu pai quixo,o,o, quíxoo meter cura alá no 1860 ou por aí. Quíxoo meter cura e el largóuselle pa Cuba. E ao/ ao largar, ao largarse pa Cuba pois en Cuba fixo o bachillerato e ao facer o bachillerato en Cuba, pois o, o señor ese despois fíxose unha carreira que era equivalente a/ na actualidá, a un ingeniero aeronáutico, así. Maquinista de vapor, fíxose. E ese señor, pois (xa) cando foi a guerra de Cuba/ cando Cuba se empezou a poñer/ veu p'aquí pa eso/ Traía dúas fillas, unha muller cubana e dúas fillas e iba vivir/ Fixo unha casa en Regüela pa vivir pero a carretera máis próxima que había na/ canda a guerra de Cuba pasaba aquí por Cabanas ou por Fene, e as cubanas non iban meterse polas corredoiras. Non estaban preparadas/
A. R.: Non estaban afeitas.
J. P.: E,e,e entonces foron e meteron/ Foi a Fene/ pero el viña/ tiña/ era rico d'alí dunha casa rica e tiñan vacas, unha hermana solteira na casa e mais unha criada, e el viña todos os días e escribeu unhos artículos nun periódico de Fene, unhas, unhas cartas a un periódico de Fene, tres cartas, criticando o caciquismo de Cabanas. E,e,e creo que iba a misa, que iba a misa a Regüela, así á misa, alá polos anos 10 e por aí, que iba á misa a Regüela e dáballes unhas pequenas charlas aos chavales e creou un espírito liberal alí, ou sea, de moita libertá, alí, por Regüela.
A. R.: Como se chamaba ese home?
J. P.: El, Baltasar Arnoso Vilar.
A. R.: Baltasar Arnoso Vilar.
J. P.: Baltasar Arnoso Vilar. Entonces, despois, claro/ e cando veu a guerra, alí había unha inquietú por saber. Na época esa había unha inquietú por saber porque hai unhas mámoas alí e nunhas mámoas que había foron escavar claro/ (houbo alghún que non teñen ningunha idea, encontraron terra nada máis na, na mámoa). E, e claro/ pero había inquietú, querían saber o que había alí. Entonces despois cando empezou a Guerra Civil, acórdome eu de/ tiña eu 3 anos e 3 meses ou por aí cando empezou a Guerra Civil. E,e,e acórdome que estábamos no/ estaban os da miña casa segando nun monte e fun p'alí, pa ao monte. Eu era cativo. Fun p'alí e empezaron a pasar coches por unha carretera que vai desde, desde Xuvia a, aí, ás Filgueiras, á Capela. Empezaron a pasar coches e cando baixábamos pa baixo (da esa) contaron xa que parece, que parece que empezara a guerra.
A. R.: (E) acórdase de eso.
J. P.: Acórdome/
A. R.: Con 3 anos/
Juan Permuh: Si. Tiña tres anos e acórdome d'eso. Si. E inmediatamente despois, alí fusilaron, colleron...5-6...un que lle chaman Baltasar, Baltasar López...Arnau, e ese pois non/ alí nun sitio que lle chaman os (Xicos)...e matárono alí, xa disparáronlle, porque non se dou preso. E despois os outros atáronos en cordas e leváronos pa fusilar en Sillobre. Leváronos andando hasta San Marcos e nun sitio que hai un monte alí, moi, moi curioso que,e,e chámanlle os Caparetes, ao monte, chámanlle os Caparetes, e o nombre pois, ten un significado que/ antiguo, un significado antiguo. Vén de capra-caprae e do latín capra-caprae entón, pois, é un monte que hai moitos corzos alí. Entonces alí escapou Amador...Barcia Fernández, Amador Barcia Fernández e mais un que era ferrolano que lle chamaba/ apedillábase Torres. E mais iba outro Arturo pero Arturo levaba un, un chaval con el, un chaval de 17 anos, me parece, ou 18, iba atado tamén con el e doulle un ataque de nervios ao chaval entonces o, o Arturo volveu buscar o, buscar o chaval. E claro, leváronos pa, pa Sillobre e fusilaron aos tres. Aos/Os dous hermanos e mais outro, outro, Co[n]stantino Bouza Pereira. E, e claro, eu entonces era/ sendo cativo pois andaba/ iba a lindar as vacas por alí/
A. R.: Estaba pensando eu que con/ sendo tan novo, 3 anos, entre 3 e 4/
J. P.: Si, si.
A. R.: Bueno, tocoulle unha infancia,a,a/ Inda que vivise e nacese na República independente de Regüela ((Risas do público)) tocoulle unha infancia bastante dura.
J. P.: Si C...) Bueno, a infancia foi dura porque alí en Regüela había/ Practicamente, non empezaba un mes sin haber tiros.
A. R.: Claro.
J. P.: Si. Sin haber tiros.
A. R.: Pero déixeme decirlles a esta xente que/ Porque vostede empezou a traballar en Astano con 14 anos.
J. P.: Si, con 14. Si.
A. R.: E,e,e con 19 fixo o bacharelato e foi á universidade/
J. P.: E fun a Santiago, si, facer Matemáticas.
A. R.: E fíxose/ E fixo Matemáticas.
J. P.: Matemáticas, Matemáticas.
A. R.: E acabou sendo profesor aquí, en Pontedeume.
J. P.: Din clase aquí en Pontedeume/
A. R.: E nas Pontes.
J. P.: E nas Pontes. Bueno, tamén estuven en Lugo. Si.
A. R.: No, quero decirlle á xente que a pesar de/ bueno, esas circunstancias (...) Vostede botoulle ánimo á vida/
J. P.: E ademais teño unha anécdota de cando era cativo (...) que (...) estaba aprendendo a multiplicar (...) poñíanme nun sitio e nun sitio cerrado, nun sitio por onde salían as vacas pa que non se foran, entonces eu (acordaba) nas vacas e chegou un guerrillero, que lle chamaban Manuel Vilar Pazo, e dixo: -E que estás facendo? -dixo. Aquel víao casi todos os días, amais aínda me cortaba o pelo de vez en cando e todo eso. E entonces dixo: -Que estás facendo? -Estou aprendendo a tabla de multiplicar. E (dixen): -Seina hasta o 6. Do 6 hasta/ Dixo: Pois vamos a aprender ahora a do 9. É un método que me enseñou pa a tabla de multiplicar, mui sencillo. Dice: -Ti colles o 9 -díxome el- Colles o 9 e dices 9. Despois viña ser o 19 que viña ser o siguiente número, sácaslle 1, 18. 18, 28, sácaslle 1, 27 e así vas facendo e sale a tabla de/ E para, como lle chaman, e pa despois pa o 8 sacas, sacas/ fas o mesmo e sacas/ sacando 2 e pa o 7, 3. (...) Tuven ensayando despois toda a tarde no, no (procedimiento)
((Risas do público))
A. R.: ((Dirixíndose a alguén do público)) Bueno, toma nota/ (...) Por se non sabes a tabla, toma nota.
J. P.: Quen non sabe a tabla?
A. R.: No, supoño que si, eh! Pero é (...)
J. P.: Si. Esa nena sabe a tabla.
A. R.: Supoño que si. Bueno, como non temos tempo pa falar de todo, aínda que xa me empeza a dar pena/
J. P.: No, no.
A. R.: E/ Eu quero ir a/ Acabar e falar de Manuel, do/ darnos un repaso, por riba, o que significou e,e,e,e/ a posguerra nesta comarca. Vostede cólleo como neno, xa nos contou bastante/
J. P.: O, o problema d'aquí que tuvo a posguerra aquí, foi que/ Outro detalle breve, mui breve. Tiña, tiña/ debía eu ter/ estar próximo a 4 anos, chegaron os falangistas alí a rexistrar unha casa. Unha casa dun veciño. Entonces, tiña unha tía de miña mai/ Chegou pa buscarnos/ Estaba un hermano que era maior, 2 anos maior que eu e mais eu. E díxolle aos da casa: Están registrando, buscando plata, monedas de plata e mais de ouro. Cou/ anillos e cousas desas. E, inmediatamente, colleunos e levou a cada un/ Abreu un caixón ao chegar á casa, abreu un caixón, colleu un paquete que había alí e sale pa un, pa un terreno que había (pra o) parte de abaixo da casa. E, inmediatamente, cando entraron pa registrar...cando entraron pa registrar pois,s,s/ ela viña cun chisme de verzas, traía un chisme de verzas/ Entraron e foron inmediatamente ao caixón donde/ o primeiro caixón que abriron foi aquel. E eso era moneda pa pagarlles (...) a inversión que fixeran os alemanes aquí pa a guerra. Ou sea que o ouro non solo foi pa Rusia sinón que tamén foi pa Alemania.
((Risas do público))
A. R.: Moitas gracias.
Autor/a da transcrición: e~xenio