Decía que o fenómeno dos fuxidos, da guerrilla, tivo moitísima importancia. D'aquí proceden algúns dos guerrilleiros de máis sona como "Pancho", Francisco Martínez Leira que morreu no ano 54. Foi un, un dos últimos guerrilleiros que seguiu combatendo contra o réxime franquista cando xa non quedaba ninguén no monte. E,e,e,e houbo unha actuación mui intensa de, de, de grupos guerrilleiros en todas as fragas i creo que esto foi unha das zonas de Galicia onde o fenómeno durou máis tempo. E as razóns, probablemente, están no feito de que a represión aquí cebouse con moitísima xente. Entón cando comeza a guerra, a pouco de comezar a guerra, xa deu inicio a represión. E moita xente, basicamente por cuestións ideolóxicas, viuse obrigada a fuxir ao monte. E xentes como o alcalde de Cabanas, Álvaro Antón; o concelleiro tamén deste, deste municipio/ Ramiro Martínez, coñecido como "Patita".
Estes tiveron que marchar pola súa militancia política pero houbo moita xente, mozos...de parroquias como Soaserra, como Regüela, en Cabanas, ou tamén na Capela ou en Monfero, en Vilarmaior e mesmo en Pontedeume que marcharon por medo a represalias e, sobre todo, fundamentalmente, por/ que non querían facer o servizo militar e non querían ser enviados á fronte. Entón esta xente marchou ás fragas, alí atopou refuxio, fixeron covas, alí dispuxeron incluso de emisora. Moito máis tarde, cando se estableceron aquí os destacamentos guerrilleiros, incluso atopáronse, pois/ atopouse unha, unha, unha multicopista, unha impresora onde se publicaron os últimos exemplares del Guerrillero-Órgano oficial do Exército Guerrilleiro Galego i, nas bases da fraga, nas covas da fraga, tamén atopou refuxio, escondéronse, os membros máis destacados da IV Agrupación guerrilleira que agrupaba os destacamentos da provincia da Coruña. E no ano 49-50, estas covas, sabemos que/ creemos que foron dinamitadas pola Garda Civil e perdeuse bastante rastro delas salvo na memoria popular que saben/ se sabe dalgunhas delas na zona de Xabariz etc.
(...) Durante os anos da Guerra Civil, hai que distinguir dous momentos: os anos da guerra no que estas, estes mozos se mantiveron agochados e limitando a súa actuación a (incomprénsibel) pequenos golpes de efecto i un segundo momento, acabada a guerra, cando se incrementou moitísimo a combatividade, tanto por, por parte das autoridades franquistas como polos propios guerrilleiros. Entón hai dous momentos distintos i a estas xentes incluso distinguímolos co nome de fuxidos, para a primeira fase, e de guerrilleiros despois, cando xa estaban organizados, cando dispuñan de armas e cando comezaron unha serie de accións contra o réxime.
Entón, na primeira fase que é mui interesante, estos fuxidos, que foron bastantes, eran partidas relativamente numerosas, pois a xentes como os Eive Vilar, por exemplo; Paco da Casanova que dirixiu un destacamento e,e,e,e o "Patita", un comunista de,de,de,de Mugardos, zapateiro, tamén, mantivéronse, máis ou menos, agochados nas fragas pero sin romper os vínculos co ámbito familar e, e veciñal. E de feito polo día baixaban, traballaban nas terras e de noite, por medo a atoparse coa Garda Civil e coas milicias de Falanxe, volvían ao monte e alí permaneceron agochados. E isto foi o que, o que sucedeu durante a Guerra Civil e acabada a guerra, no contexto bélico europeo, estes grupos comezan a organizarse, hai unha intervención, unha influencia, así, mui forte do Partido Comunista e os grupos de fuxidos son convertidos en destacamentos, son militarizados, incluso ás veces levan uniforme, e se lles asignan xefes militares, comisarios políticos e/ i entran nunha fase de, de, de loita aberta ¿no?. Adicábanse a facer sabotaxes, cobro de multas, execucións aos xerifaltes locais de Falanxe. Mataron xefes de Falanxe de Pontedeume, José Ribera, Pepe "O lugués" e,e,e de,de Mugardos, de, de Vilarmaior, de Monfero e,e,e algúns roubos pero todavía contaban con, co, co apoio destas redes de familiares e de amigos e, de feito, unha das causas fundamentais da, da, do declive do movemento guerrilleiro non foi outro que cando as autoridades comenzaron a desarticular as redes de apoio. Empezaron a deter a familiares, empezaron a ameazalos e,e,e incluso enviaban a gardas civís que vivían nas aldeas cos veciños e vixiaban o contacto que estes tiñan cos fuxidos, cos guerrilleiros e,e,e i, i esto foi o que sinalou, digamos, o principio do fin.
En todo caso, a partir de mediados dos anos 40, estamos en plena Guerra Mundial i hai unha certa esperanza de que se sumen todas as forzas para loitar contra o fascismo en Italia, en España ou en Alemania...nese momento hai en, en, en toda a zona, en toda Galicia i en gran parte de España, accións moi violentas por parte tanto das autoridades que incluso chegan a, a empregar tamén a táctica de guerrillas con contrapartidas que estaban formadas por facinerosos, (a)xentes da Garda Civil ou milicianos de Falanxe e,e,e i ata o 48-49, que foi cando o Partido Comunista vendo que a loita guerrilleira xa non tiña sentido, acabada a guerra, e se deu a orde, desde Moscú, de que se desmontaran os destacamentos. Aquí nesta zona, operaron dous, dous destacamentos e un foi o Eive-Carbón, polo nome dos guerrilleiros da zona que morreron nunha celada da Garda Civil e despois o destacamento, que foi o máis importante que actuou na zona, que foi o Arturo Cortizas que foron, foron mortos, foron executados no ano 49 e na última caída (...) nos últimos momentos, esta caída e mais as de Fene, 49-50, entrañaron/ significaron o final do movemento guerrilleiro en toda Galicia. Entón, creo que deberíamos darnos conta e conservar o recordo e a memoria destas xentes porque nesta zona/ esta zona foi mui importante na loita antifranquista.
Nada máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio